Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O presidente da Xunta avanza a nova convocatoria para incentivar a compra de vivendas nos centros históricos de Galicia
Destaca que se elimina a condición de ser menor de 35 anos para acceder ás axudas
Feijóo destaca a aprobación do Plan estratéxico para impulsar o valor ambiental e cultural da paisaxe, cunha mobilización de máis de 40 millóns de euros ata 2024
Salientou que se fixan cinco eixes fundamentais para continuar co traballo realizado ata o de agora para mellorar o estado das paisaxes galegas e incrementar o nivel de sensibilización da sociedade
A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza en treitos interurbanos de tres ríos ao seu paso polo concello de Mondoñedo
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que as tarefas levaranse a cabo en diferentes puntos dos ríos Masma, Valiñadares e Gontán, ao longo de case dez quilómetros
A Xunta apoia catro actuacións de mellora e conservación do patrimonio natural e cultural en concellos da reserva da biosfera As Mariñas coruñesas
O delegado da Xunta comprobou o resultado das obras na fraga do Xario de mellora das condicións ecolóxicas e ambientais das sendas existentes, nas que o Goberno galego achegou preto de 73.000 €
Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León, conseguen o apoio doutras seis autonomías e das organizacións agrarias na súa defensa de deixar sen efecto a inclusión do lobo no LESRPE
País Vasco, Aragón, Madrid, Murcia, Andalucía e Ceuta, ademais das organizacións agrarias nacionais e autonómicas, trasladan a súa conformidade coa postura das rexións ao norte do Douro, recollida nunha carta aberta
A Consellería de Medio Ambiente aproba de forma inicial o Plan básico municipal do concello de San Xoán de Río
Con este son xa tres os municipios que superan este trámite e continúan avanzando co fin de dotarse deste instrumento básico de ordenación urbanística
A Xunta destina 231.000 euros a habilitar un punto de recollida de residuos e o acceso á EDAR no polígono industrial de Cuíña, en Cervo
O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o obxectivo é “ofrecer ás empresas infraestruturas e servizos que lles permitan ser competitivas”
A Xunta destina máis de 72.800€ para actuacións para a recuperación e posta en valor do parque natural das Fragas do Eume
Gonzalo Trenor visitou as obras que se están realizando de rehabilitación dun lavadoiro e unha fonte no lugar da Graña en Pontedeume
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León intensifican os contactos coas organizacións agrarias nacionais para frear a inclusión do lobo no Lesrpe
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os seus homólogos reuniranse mañá por videoconferencia con representantes de ASAJA, UGAM-COAG e UPA
A Xunta incrementou un 60% o orzamento das axudas para paliar os danos do lobo e compatibilizar a existencia da especie coa gandería extensiva
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que nos últimos dous anos o seu departamento destinou 1 millón de euros en axudas para compensar os danos que provoca esta especie da fauna silvestre, ás que tamén hai que sumar as subvencións á prevención