Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro comeza a programación de primavera tras recuperar as cifras prepandemia de visitantes
Entre as propostas previstas ata maio haberá visitas guiadas diarias, unha ruta ornitolóxica, sesións de ‘escape room’ e un encontro de investigadores e colectivos relacionados coa arte rupestre
Condetrespés e o Centro Dramático Galego estrean ‘Rastros’ en Santiago no marco da programación da Xunta na Rede Galega de Teatros e Auditorios
Lévase a escena a peza de Roberto Vidal Bolaño coincidindo cos 20 anos do seu pasamento, con adaptación e dirección de Lois Blanco e funcións no Teatro Principal os días 4 e 5 ás 20,30 horas
A Xunta financia a modernización de equipamentos e de medidas de seguridade na Biblioteca Municipal da Illa de Arousa
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, Carlos Iglesias, supervisou esta actuación na coñecida como Casa de Godoy, á que se dotou de equipos informáticos, cortinas, mesas, cadeiras, sistemas antirroubo e un plan de emerxencias
O poeta letón Arvis Viguls, gañador da segunda edición do Programa de residencias literarias para tradutores da Xunta
É un dos máis prometedores e aclamados poetas mozos de Europa e ao abeiro desta iniciativa traducirá o poemario A vida salvaxe, do galego Gonzalo Hermo
A Xunta promove coas Residencias Artísticas do Gaiás 25 proxectos de vangarda e anuncia unha convocatoria para sumar novos colectivos
O secretario xeral de Cultura presenta en rolda de prensa as principais novidades dun programa que consolida o papel do Gaiás como espazo para a creación, en liña cos obxectivos do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura
Román Rodríguez destaca que a nova área educativa do centro de Lugo contará con investimentos da Xunta en todos os seus centros
Recorda que a urbe da Muralla é a que máis investimento en obras educativas está a concentrar neste momento en toda Galicia, e que o esforzo inversor desde 2009 suma xa 21,2M€
A coprodución de Inversa Teatro co Centro Dramático Galego ‘O péndulo’ estréase en Vigo no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta
A función inaugural da obra coproducida pola unidade teatral do Goberno autonómico terá lugar este venres no Auditorio Municipal ás 20,00 horas
A Xunta constitúe o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores para dar pulo a estes estudos como canteira da cultura galega
Román Rodríguez encomenda aos seus novos membros impulsar a súa calidade cara a excelencia
A Filmoteca de Galicia programa na Fundación Barrié unha retrospectiva do cineasta xaponés Mikio Naruse
Os once títulos que compoñen o ciclo do centro audiovisual da Xunta poderanse ver na Coruña do 2 ao 15 de marzo, con sesións ás 17,00 e ás 19,30 h. e entrada de balde