Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

10/03/21 | 14:28

Medio Ambiente anima aos colexios de toda Galicia a sumarse ao Proxecto Terra para formar aos nenos e nenas no coidado do territorio

A segunda edición da actividade ‘Eu son inspector urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu’ achegará ao alumnado de Primaria e Secundaria ao coñecemento do medio e da contorna a través de actividades de carácter lúdico e didáctico

09/03/21 | 14:12

Galicia remite aos colectivos profesionais as reflexións da carta aberta para frear a inclusión do lobo no Lesrpe

A Consellería de Medio Ambiente recorda que este escrito conta xa co apoio de dez autonomías e das organizacións agrarias

09/03/21 | 13:40

A Xunta sinala que Cartelle dá o paso definitivo cara ao urbanismo sostible coa aprobación inicial do Plan básico municipal

Trátase do cuarto municipio de Galicia, e segundo da provincia, en acadar o visto e prace inicial desta ferramenta que vela polo desenvolvemento ordenado de Cartelle

09/03/21 | 12:04

Europa deixará de financiar os modelos de tratamento de lixo distintos ao de Sogama

O Goberno central confirmou que a Comisión Europea non habilitará ningún mecanismo de financiamento para os modelos baseados na mestura e separación mecánica dos residuos e posterior tratamento biolóxico dos orgánicos

06/03/21 | 13:01

Medio Ambiente trasládalle ao Concello das Somozas a posibilidade de especializar o seu polígono en actividades no eido dos residuos

O municipio ten a capacidade de albergar novos proxectos relacionados coa economía circular e a aplicación da tecnoloxía ao eido da xestión dos residuos, atraendo tamén fondos europeos

06/03/21 | 11:43

Galicia viviu un inverno con temperaturas normais e precipitacións que o converten no máis húmido das últimas dúas décadas

O avance do informe de MeteoGalicia revela que no período climatolóxico que foi de decembro de 2020 a febreiro de 2021 choveu un 76% por riba do habitual

05/03/21 | 15:20

Medio Ambiente mantén xuntanzas bilaterais con todos os alcaldes do Xurés para avanzar no futuro Plan de Xestión do Parque

A directora xeral de Patrimonio Natural e o delegado territorial da Xunta están a reunirse cos rexedores de Lobios, Lobeira, Muíños, Bande, Entrimo e Calvos de Randín para revisar a proposta inicial de zonificación e recoller as súas achegas

05/03/21 | 14:48

Galicia solicita ao Goberno central simplicidade administrativa na tramitación das axudas en materia de vivenda dos fondos europeos

Ángeles Vázquez traslada a necesidade de concretar os criterios e condicións dos programas que recolle o plan de recuperación, para evitar xerar falsas expectativas aos futuros beneficiarios

05/03/21 | 12:21

Medio Ambiente invita á Fegamp a apoiar a carta aberta que xa defenden dez autonomías para frear a inclusión do lobo no Lesrpe

As catro comunidades ao norte do río Douro enviaron ao Goberno central o manifesto que tamén secundan as organizacións agrarias

04/03/21 | 16:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería do Mar traballa para executar este ano a rexeneración da praia da Pescadoira de Bueu cun investimento de 94.000 euros

O delegado territorial, Luis López, visita a confraría de pescadores deste concello e informa das iniciativas que ten en marcha a Xunta ao seu patrón maior, José Manuel Rosas, nunha reunión á que tamén asistiu o alcalde, Félix Juncal