Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinou máis de 460.000€ a 52 restaurantes e cafeterías da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar
O Goberno galego aportou 11M€ á dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas
A Xunta apoia ao Grupo Nueva Pescanova na creación dun novo modelo de fábrica 4.0, ao que aplicará a intelixencia artificial para gañar en sostibilidade e eficiencia produtiva
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe a presentación do proxecto Sea2Table 4.0, que desenvolverá Grupo Nueva Pescanova, xunto co Centro de Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, e a spin off da Universidade de Vigo, ASM Soft
A Xunta ofrece un servizo para a constitución de pequenas empresas en 48 horas aforrando custos e xestións
O proceso é telemático e o Igape encárgase da tramitación necesaria ante os distintos organismos
Conde subliña o consenso, a colaboración público-privada e a implicación das pemes como a base sobre a que se asenta a candidatura de Galicia aos fondos Next Generation
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, compareceu hoxe a petición propia na comisión parlamentaria sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia
Gabriel Alén destaca o programa ‘Bonos Activa Comercio’ da Xunta como elemento dinamizador do sector comercial
O delegado territorial subliñou a colaboración da Federación Galega de Comercio nesta medida que conta cun orzamento de 10M€ dos que se poderán beneficiar ao redor de 330.000 clientes en Galicia
Alfonso Rueda destaca a importancia do curso de especialización comunitaria TecEuropa para contribuír a unha xestión eficiente dos fondos europeos en Galicia
Máis dun cento de profesionais de entidades galegas públicas e privadas sen ánimo de lucro danse cita no curso de especialización en financiamento comunitario da Fundación Galicia Europa
Feijóo refírese á descentralización española como un éxito sen parangón e destaca a prosperidade como un dos conceptos que caracterizan os 40 anos de autogoberno galego
“A autonomía nin é un corsé limitador das nosas capacidades nin é un conxunto de taifas incontroladas en gasto”, di, recordando que nos momentos difíciles, como a recesión de 2008 ou a pandemia, a autonomía de Galicia demostrou ser moi útil
A Xunta e os traballadores de Alcoa San Cibrao comparten a necesidade de que o Goberno achegue respostas sobre a situación actual da operación de compra-venda da planta
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá co comité de empresa da factoría da Mariña
O prazo para presentarse ao certame de materiais innovadores de Galicia que convoca a Xunta mantense aberto ata o 13 de maio
O obxectivo é identificar, potenciar e difundir os novos materiais creados en Galicia e poñer en valor o esforzo de I+D que se realiza neste campo desde as empresas, os grupos de investigación e os centros tecnolóxicos