Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

05/05/20 | 14:56 | C. de Sanidade

Galicia reitera ao Estado a necesidade dun protocolo de actuación específico para os casos de posibles enfermos por coronavirus en buques nacionais que operan só en España

Rosa Quintana e Jesús Vázquez Almuiña solicitan nunha nova carta ao ministro de Sanidade que clarifique a situación nestas embarcacións posto que na súa resposta fai referencia a un protocolo para buques que operan noutros países

03/05/20 | 11:32

A Xunta suspende as probas deste mes para o manexo de embarcacións de lecer e motos náuticas polo coronavirus

As persoas que presentaran a solicitude para esta convocatoria poderán participar nalgunha das seguintes que se realicen en 2020 e as que non queiran participar poderán solicitar a devolución da correspondente taxa

20/04/20 | 12:17
20/04/20 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica denuncia a 16 persoas por furtivismo en varios concellos da costa coruñesa

Tamén foron denunciadas por infrinxir o actual Real Decreto do Estado de Alarma

18/04/20 | 10:52

Galicia contribúe ao mantemento da cadea alimentaria durante o estado de alarma polo coronavirus coa extracción de 5.000 toneladas de moluscos e ourizo

Os controis realizados polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño permiten manter a comercialización destes produtos do mar con todas as garantías sanitarias

16/04/20 | 13:05

A Xunta amplía a vixencia das tarxetas de mergullo profesional e de recolector de recursos específicos mediante mergullo polo coronavirus

As autorizacións que esgotasen a súa vixencia durante o estado de alarma verán ampliado o seu período de validez por un tempo igual ao de duración do estado de alarma a contar desde a súa data de caducidade

16/04/20 | 11:13

Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como medida de prevención ante o COVID-19

O ente público procede ao baldeo exterior con lixivia diluída das instalacións de Portonovo, Campelo, Aldán, Cangas, Meira, Cesantes, Arcade, Baiona e A Guarda

15/04/20 | 13:06

Galicia fundamenta de novo ante o Goberno central a súa petición de analizar a exclusión do marisqueo de entre as actividades esenciais durante o estado de alarma e pide facilidades no acceso a compensacións

Rosa Quintana e Jesús Vázquez Almuiña enviaron ao Estado unha nota argumentada na que lembran as dificultades do sector para desenvolver a súa actividade en condicións de seguridade e como consecuencia do peche de facto das canles de comercialización dos seus produtos

14/04/20 | 10:47

Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como medida de prevención ante o COVID-19

O ente público procederá hoxe ao baldeo exterior con lixivia diluída das instalacións de Carril, Vilaxoán, Vilanova e O Xufre

11/04/20 | 11:43

A Xunta dá luz verde á tramitación das axudas para accións de protección e recuperación da biodiversidade mariña por importe de 5 millóns de euros

Faino de xeito excepcional no contexto de estado de alarma do coronavirus ao considerarse un apoio indispensable para a protección da actividade marítimo-pesqueira esencial para o subministro de alimento e tamén para a recuperación da actividade marisqueira tras esta situación excepcional