Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convoca as primeiras axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde na que se regulan as condicións para a concesión de axudas para compensar os danos que provoca esta especie silvestre en perigo de extinción
A Xunta alerta de que a Lei de cambio climático pon en risco todas as prórrogas extraordinarias das empresas asentadas na costa
Considera que o Goberno central utiliza a nova norma para facer unha “interpretación retroactiva” da Lei de costas de 2013 co fin de outorgar fundamento normativo á declaración de nulidade das concesións vixentes
O Centro de Investigacións Forestais de Lourizán amplía a súa colección de grilos ao recibir 500 novos exemplares da Asociación Biodiversidade en Galicia
Esta doazón permitiu practicamente duplicar o número de especies coñecidas en Galicia deste grupo de insectos, convertendo esta colección nunha das máis completas da nosa comunidade
A Xunta cartografará case 100.000 hectáreas dos nove concellos que iniciarán a redacción do seu Plan básico municipal
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de asinar os contratos de servizo, por un importe de case 200.000 euros, para obter esta base cartográfica
A Xunta lamenta a falta de transparencia do Goberno central para informar ás comunidades sobre o comité centífico do lobo
Ante a súa solicitude de documentación sobre os membros e expertos que colaboraron no ditame para a inclusión da especie no Lesrpe, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico alega que nestes momentos non dispón de toda a información solicitada
Galicia reivindica ante o Goberno central que teña en conta o criterio das comunidades no deseño e redacción de medidas claves como a futura Lei de cambio climático
A Xunta apela ao seu coñecemento profundo do territorio para rexeitar de novo que o Executivo empregue esta norma para modificar a Lei de Costas con relación ás concesións en dominio público e esixe que elimine estes artigos lesivos
Unha instrución da Xunta axilizará a tramitación dos cambios de aproveitamento para pastos en terreos forestais
A Consellería de Medio Ambiente marca os criterios técnicos a seguir á hora de tramitar a implantación de pasteiros en terreos deste tipo fóra da Rede Galega de Espazos Protexidos, que non terán a consideración dun cambio de uso
A Xunta comeza a tramitación da Lei de áreas empresariais para reforzar as estratexias de desenvolvemento e implantación destas superficies na Comunidade
Feijóo salienta tamén outras medidas que permitirán achegar solo e ofrecer oportunidades aos emprendedores, como a potenciación do Plan sectorial de áreas empresarias de Galicia
A planta de compostaxe de Vilanova de Arousa avanza coa sinatura do contrato para redacción do proxecto por case 115.000 euros
Esta instalación dará servizo a 25 concellos da contorna e estará instalada no polígono vilanovés de Baión, grazas a un investimento total de 15,5 M€
Medio Ambiente acondicionou case 100 quilómetros de pistas e sendeiros na reserva nacional de caza dos Ancares nos dous últimos anos
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, presidiu hoxe a reunión telemática da xunta consultiva, na que se avaliaron os censos cinexéticos de distintas especies