Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

20/03/21 | 11:11

A Xunta estudará vías de colaboración co Concello de Xunqueira de Ambía para poñer en valor a contorna dun espazo BIC

O proxecto municipal ten como obxectivo intervir sobre unha praza integrada no conxunto da Colexiata de Santa María de Xunqueira

19/03/21 | 11:26

Medio Ambiente abre a posibilidade de que Narón deposite os biorresiduos na planta que Sogama ten neste concello

A Xunta realizou unha inversión de 250.000 euros para mellorar o servizo que se ofrece desde Narón aos concellos da contorna

19/03/21 | 11:22

Medio Ambiente tratou case 140.000 quilos de residuos sanitarios de baixo risco durante á terceira onda da covid-19

A operativa empregada foi a mesma que nos dous períodos anteriores, habilitando unha planta provisional e específica onde estes materiais son triturados e acondicionados para ser transformados nun combustible CDR

18/03/21 | 15:53

A Xunta pon en marcha diversas axudas á rehabilitación por un importe de máis de 12 millóns de euros

Feijóo avanza que se trata de seis programas de rehabilitación cos que “proseguimos co obxectivo de poñer en condicións mellores os nosos cascos históricos e, en xeral, todas as vivendas que queiran acollerse a estes programas”

18/03/21 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa mancomunidade do Salnés na instalación dun sistema solar fotovoltaico na estación de bombeo de auga potable

Reducirá o consumo enerxético nun 55,8% e evitará a emisión de 67.658 kg de CO2 anuais

18/03/21 | 11:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cede á Federación de Veciños de Lugo 230 exemplares de árbores autóctonas para plantar en oito concellos da provincia

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que proceden do viveiro de Sambreixo (Guitiriz) e serán distribuídos entre 20 agrupacións veciñais lucenses

17/03/21 | 15:21

A Xunta reforza os servizos no parque natural do Monte Aloia cunha zona de lecer e biosaudable e a posta en valor da súa senda botánica

O delegado territorial da Xunta, Luis López, supervisa esta actuación, que afianzou o percorrido ao tempo que renovou a súa sinalización e arboretum e tamén creou unha zona de esparcemento cun investimento global de 33.000 €

17/03/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a encomenda a Seaga para a retirada de niños de vespa velutina no marco do Plan de loita contra esta especie ao que se suman case todos os concellos galegos

A Xunta intervirá en colaboración cos 300 concellos galegos adheridos a este plan acordado coa Fegamp, que supoñen o 96% do total ao sumarse 15 novos aos 285 que xa se uniran en 2020

17/03/21 | 13:10

A Xunta xa é propietaria dos terreos nos que se instalará a nova planta de biorresiduos de Vilanova de Arousa

O presidente de Sogama formalizou esta mañá a compra de sete parcelas que suman 20.000 m2 no polígono de Baión por un importe de máis de 1,5 M€

17/03/21 | 11:58

A Xunta trasládalle ao Goberno central o seu informe xurídico sobre a Lei de cambio climático, que conclúe que o artigo 18.4 é “frontalmente inconstitucional”

A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta determina que este apartado da norma e o 18.3 son “contrarios á seguridade xurídica”