Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

13/09/22 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A residencia 'Lug I' da Xunta aloxa este curso na cidade de Lugo a 74 estudantes de BAC, FP e grao

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, subliña que a volta á normalidade tras dous anos de pandemia permitirá retomar as actividades de convivencia no centro

09/09/22 | 14:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede preto de 500.000 euros á posta en marcha de proxectos e ao fomento do voluntariado xuvenil e sénior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións das tres convocatorias destinadas a entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia e a administracións locais

07/09/22 | 18:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a fervenza da Pedriña, no municipio lucense de Quiroga

Realizouse un acceso e uniuse este salto de auga e o de Pombar, ademais de colocar sinalización e dotar a contorna como zona de baño natural

06/09/22 | 17:45 | C. de Política Social e Igualdade

Os campamentos da Xunta de Galicia finalizan mañá cunha participación de récord

A campaña de verán deste ano contou con máis de 10.800 prazas en actividades de verán como campamentos, campos de voluntariado ou minicampamentos ‘Coñece Galicia’ en establecementos turísticos

05/09/22 | 16:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa a través dun campo de voluntariado o coidado a creación dun sendeiro cultural na Cántara da Moura

Os mozos participantes, de entre 18 e 30 anos, realizan un bosque pintado baixo a técnica de ‘land Art’

02/09/22 | 20:00 | C. de Política Social e Igualdade

O albergue xuvenil As Sinas acolle a última quenda de campamentos das cinco que ofertou ao abeiro da campaña de verán da Xunta

Os mozos, de entre 17 e 14 anos, realizan diferentes actividades na que o mar é o protagonista como vela, piragua ou snorkel, entre outras

02/09/22 | 12:46 | C. de Política Social e Igualdade

Luis López destaca o apoio e compromiso da Xunta a prol da conciliación estival no rural cunha nova edición do Campamento de Forcarei

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, acompañado polo alcalde en funcións, José de la Fuente, visitou esta mañá no Centro Social aos 66 cativos participantes dunha iniciativa que tamén está descentralizada con outro grupo no auditorio de Soutelo de Montes

31/08/22 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de minicampamentos ‘Coñece Galicia’ da Xunta de Galicia remata esta semana con actividades como as do Xeocampamento do Courel

Xunto con este minicampamento na montaña lucense, tamén rematan as actividades nos minicampamentos Náutica e Audiovisual, en Sada, e Natura III, en Sanxenxo

25/08/22 | 17:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fomenta o deporte e o lecer activo no minicampamento ‘Aventura en Paradanta’, en Covelo

Esta é a terceira e última quenda da iniciativa, que inclúe distintas e visitas pola zona nas que participan esta semana 20 mozos galegos de entre 10 e 14 anos