Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

07/09/22 | 17:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota de novo pavimento á estrada autonómica LU-611 en Bóveda

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que entre hoxe e mañá concluirá a mellora do pavimento nun treito de algo máis de 4 quilómetros, que se completará con outras actuacións de reforzo da seguridade, como o repintado da sinalización horizontal

02/09/22 | 12:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Colexio de Médicos de Ferrol analizan a posibilidade de darlle un uso social á antiga sede da entidade

A asociación está a ultimar o seu traslado a un novo local e procura darlle un fin de índole social á instalación que quedará en desuso

30/08/22 | 14:18

A Xunta aproba o Plan Básico Municipal de Riotorto, o primeiro instrumento urbanístico do Concello

Clasifica un único ámbito de solo urbano na contorna das Rodrigas, delimita 67 núcleos rurais e identifica e cataloga 121 elementos do patrimonio cultural e natural
 

24/08/22 | 13:11

A Xunta e o concello de Toén investirán case 425.000 € na humanización do núcleo rural de Moreiras

Os traballos, cun prazo de execución dun ano e que se prevén licitar o mes que vén, inclúen a creación dun espazo público con 12 prazas de aparcamento, a construción de ramplas accesibles con miradoiros e escaleiras e unha senda peonil, entre outros

17/08/22 | 12:30

A Xunta adxudica por preto de 600.000 € as obras de rehabilitación da praza de abastos de Viana do Bolo

Grazas a un convenio asinado en abril, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará o 70% do orzamento e a administración local, o 30% restante

15/08/22 | 13:45

A Xunta ultima a aplicación web ‘A paisaxe de Galicia dende a bicicleta’ co inicio da fase de probas


A ferramenta desenvolvida polo Instituto de Estudos do Territorio sométese ás últimas comprobacións técnicas para asegurar o seu axeitado funcionamento de cara ao seu lanzamento oficial, previsto para o mes de setembro

13/08/22 | 10:30

A Xunta licita o proxecto para construír dúas piscinas públicas e un centro BTT no Concello de Outeiro de Rei

A intervención incluirá a adecuación da parcela e a correspondente urbanización así como a construción das novas edificacións previstas e dos servizos complementarios