Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

01/02/22 | 12:41

A Xunta ultima as obras de reforzo da protección da explanada do peirao de Suevos, en Arteixo

A presidenta de Portos de Galicia visitou os traballos, nos que o ente público inviste preto de 30.000 euros.

27/01/22 | 12:55

A Xunta abre o prazo de presentación de ideas para o concurso de reordenación de espazos no peirao de Portonovo

A convocatoria está impulsada conxuntamente co Concello de Sanxenxo e conta coa colaboración do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e o Colexio de Arquitectos de Galicia

22/01/22 | 12:14

A Xunta licita por 2,3 M€ a instalación de novas defensas verticais e escalas nunha trintena de peiraos

O investimento destínase aos peiraos de atracada de Burela, Cedeira, Pontedeume, Sada, Lorbé, San Pedro de Visma, Suevos, Malpica, Santa Mariña (Ponteceso), Corme, Laxe, Camelle, Cee, O Pindo, Muros, O Freixo, Portosín, Cabo de Cruz, Bodión, Rianxo, Tragove, O Grove, Bueu, Cangas, Moaña, Meira, San Adrián, Baiona e A Guarda

20/01/22 | 16:48

A Xunta realizou 57 obras de dragaxe desde o ano 2000 e estuda preto doutras 40 co obxectivo de mellorar a operatividade dos peiraos autonómicos

Máis da metade dos áridos extraídos nestas actuacións foron empregados para outras tarefas como obras portuarias ou a rexeneración de praias e bancos marisqueiros

19/01/22 | 13:59

Galicia destina 7,4 M€ a proxectos para equipar e modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque de produtos do mar

O Diario Oficial de Galicia publicará nas vindeiras semanas a convocatoria de 2022 destas axudas para actuacións que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións dependentes das confrarías, as condicións de traballo dos pescadores e a calidade e control dos produtos desembarcados

19/01/22 | 13:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coa Autoridade Portuaria da Coruña proxectos que contribúan a impulsar a transición enerxética

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, reuniuse esta mañá na Coruña co presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado

18/01/22 | 17:14

A Xunta e o Concello de Ribeira acordan realizar unha nova distribución de espazos no porto de Palmeira para dar resposta ás demandas de usuarios e veciños

A nova proposta supón deixar unha área habilitada para o tránsito peonil, outra en paralelo con prazas de aparcadoiro e unha terceira para o tráfico rodado ao tempo que se liberará a zona de elementos de separación actualmente instalados

17/01/22 | 11:21 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia avanza na dixitalización das súas lonxas cun investimento de arredor de 6 millóns de euros desde 2018

Un total de 35 centros de primeira venda da comunidade contan xa co Programa Primare, impulsado pola Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e que integra os sistemas de xestión, comercialización e emisión de notas de venda dos produtos do mar

13/01/22 | 17:39

A Xunta investirá arredor dun millón de euros na primeira fase de reordenación e humanización do porto de Palmeira

A actuación menor que se atopa en execución no peirao ten carácter provisional e busca analizar o comportamento desta zona portuaria que integra o uso profesional co desfrute por parte dos veciños e visitantes

13/01/22 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a labor de Carlos Cárdenas ao mando da Comandancia Naval de Vigo os últimos catro anos

A delegada territorial da Xunta tivo oportunidade de despedirse do capitán de fragata, que será destinado a Madrid e substituído por Antonio Couce Calvo o vindeiro luns