Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

06/10/22 | 14:42

A Xunta financia con preto de 183.000 euros proxectos de cinco entidades de Ferrolterra a través do GALP Golfo Ártabro Norte

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións da Confraría de Pescadores de Barallobre, beneficiaria dunha achega de máis de 100.000 euros
 

04/10/22 | 19:55

A Xunta apoiou a repoboación de bancos marisqueiros con máis de 200 millóns de unidades de semente de ameixa desde 2010

Rosa Quintana sinalou que este tipo de medidas contribúen á produción marisqueira, que nos últimos anos en Galicia roldou as 8.000 toneladas comercializadas

04/10/22 | 17:26 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza Conxemar como unha plataforma global que divulga a industria pesqueira galega e reforza o compromiso cunha pesca compatible co medio ambiente

Afirma que a feira comparte a fortaleza do sector en Galicia, o seu compromiso co futuro e as inquedanzas que se derivan da alza de custos e dos cambios que cuestionan o seu porvir

03/10/22 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a Vigo como “epicentro mundial do sector dos produtos do mar” na inauguración do X congreso internacional Conxemar-FAO

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na apertura do evento que abre a semana da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar)

30/09/22 | 14:35

As comunidades do cantábrico e Andalucía únense na defensa da frota ante a ameaza que supón o veto á pesca de fondo

Galicia, Cantabria, País Vasco, Asturias e Andalucía constataron a necesidade de traballar unidos como país para evitar os prexuízos que esta medida pode causar nos buques do caladoiro nacional e de augas comunitarias

30/09/22 | 14:22

Trenor reclama, na presentación da exposición “O cerco, un xeito de vida”, unha fronte común para frear o veto á pesca de fondo

 O delegado da Xunta participou na presentación desta mostra organizada pola Asociación de Armadores do Cerco de Galicia no kiosko Alfonso

28/09/22 | 13:21

O veto á pesca de fondo tería un impacto de ata 816 M€ na economía galega e podería afectar a arredor de 4.400 tripulantes

A Xunta advirte de que a incidencia na frota provocaría o colapso de moitas outras actividades marítimo-pesqueiras e da cadea mar-industria, ben pola caída loxística, o arrastre comercial ou a perda de demanda de bens

27/09/22 | 14:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias salienta a colaboración entre Fundamar, Universidade de Vigo e Xunta para promover a innovación responsable no sector pesqueiro

A delegada territorial da Xunta participou na apertura da xornada na que se presentaron os resultados do Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no ámbito mariño

27/09/22 | 12:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta investirá o maior presuposto da historia nun proxecto de país que xere oportunidades e certezas ao conxunto da cidadanía galega

Adianta que o Goberno galego aplicará con efectos inmediatos unha deflactación do IRPF nos seus primeiros tramos, ata os 35.000 euros, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro