Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

26/04/22 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta investirá 8 M€ para a creación de 220 Polos creativos en centros educativos galegos e impulsar as competencias dixitais como a robótica ou a intelixencia artificial

Feijóo precisa que estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, co fin de que, a través de diferentes proxectos, os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro

25/04/22 | 13:32 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta e o Centro Cripotolóxico Nacional inician a segunda edición do Curso Superior de Ciberseguridade para empregados públicos das diferentes administracións

Desde hoxe e ata o 23 de xuño impartiranse máis de 100 horas lectivas para profesionais do ámbito tecnolóxico da administración autonómica, concellos e universidades

24/04/22 | 11:58 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta investirá máis de 5,3 millóns de euros en dotar de equipamento as aulas CeMIT para facilitar a capacitación dixital da cidadanía

No marco do Plan de Reforma e ampliación da Rede a Axencia vén de licitar un acordo marco para a compra de ordenadores all-in-one, pantallas interactivas, sistemas de videoconferencia, tablets, libros electrónicos, complementos audiovisuais e complementos inclusivos para persoas con discapacidade

22/04/22 | 15:33 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A poboación galega con competencias dixitais básicas ou avanzadas creceu cerca dun 20% en 2021

Galicia avanza ata o sexto lugar entre as Comunidades Autónomas con máis proporción de persoas con habilidades básicas ou avanzadas entre a poboación que manexa internet

22/04/22 | 13:05 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Arrancan as actividades do nodo CIBER.gal destinadas á mellorar a ciberseguridade do tecido empresarial galego

O vindeiro 27 de abril terá lugar a primeira sesión formativa, neste caso sobre protección de datos, organizada grazas á participación da empresa Altia en colaboración coa Fegamp, e que terá continuidade o 3 de maio cunha actividade de carácter práctico

20/04/22 | 11:24 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Últimos días para solicitar as axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

 O 9 de maio de 2022 rematará o prazo no que poden realizar a súa solicitude empresas e autónomos que non dispoñan de acceso a internet de cando menos 30 Mbps

16/04/22 | 13:48 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta promove a implicación das empresas tecnolóxicas na defensa ante ciber-ataques

O Nodo Galego de Ciberseguridade ampliarase nos vindeiros días e xa serán preto de 45 entidades e organismos no ecosistema de ciberseguridade de Galicia

06/04/22 | 20:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O director de Industrias Culturais da Xunta subliña a aposta pioneira do Carballo Interplay polos contidos dixitais

Jacobo Sutil participou hoxe na apertura da novena edición do festival, que congrega ata o 9 de abril algunhas das máis destacadas voces do panorama dixital e audiovisual español

06/04/22 | 19:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anima aos mozos universitarios a participar nos encontros formativos e de networking do programa Primavera Xove

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta tarde na actividade celebrada no campus de Santiago