Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

18/11/22 | 12:30

Lorenzana salienta que as vítimas de explotación sexual poderán acceder ás axudas e recursos da Xunta para facer fronte á violencia de xénero

A Lei de medidas fiscais e administrativas (Lei de acompañamento) modificará a normativa autonómica de igualdade para incluír ás mulleres vítimas de explotación sexual como vítimas de violencia de xénero

16/11/22 | 13:14

Lorenzana pon en valor o emprendemento feminino que contará en 2023 con apoios específicos en etapas iniciais e de expansión dos proxectos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou no encontro ‘Emprendedoras e desenvolvemento sustentable’ da Fundación Mujeres na Coruña

15/11/22 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor clausura na Coruña unha xornada para reforzar a coordinación institucional contra a violencia de xénero

No encontro participaron responsables das políticas de igualdade do Goberno galego e dos concellos, persoal dos CIM e axentes dos corpos de seguridade, entre outros)

15/11/22 | 14:49

A andaina Camiño ao respecto con máis de 5.600 persoas xa inscritas protagonizará a programación da Xunta con motivo do 25-N

O Goberno galego anima á cidadanía a seguir anotándose na iniciativa que terá lugar de xeito presencial este domingo 20 e ata o 27 de novembro de forma virtual para amosar o reixeitamento á violencia de xénero

15/11/22 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor traslada a Cogami o apoio da Xunta en todos os seus proxectos para seguir avanzando na plena inclusión

O delegado da Xunta mantivo un encontro coa directiva galega da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

15/11/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon de relevo a importancia da coordinación institucional contra a violencia machista nunha Xornada divulgativa de Diagnose e Boas Prácticas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, inaugurou na Coruña a sesión de dinamización das Mesas Locais na que participou persoal dos concellos da provincia, dos CIM e axentes dos corpos de seguridade

14/11/22 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura programa na semana do 25-N un obradoiro para ensinar aos adolescentes a detectar comportamentos machistas e promover relacións sas

Polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Gaiás programa tamén unha xincana en familia coa que coñecer os avances da loita pola igualdade

14/11/22 | 11:42

A Xunta desenvolve unha macroenquisa sobre a percepción e actitudes da mocidade respecto da violencia de xénero e as agresións sexuais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avanza na inauguración da IV Xornada de sensibilización e prevención da violencia sexual na mocidade que o estudo centrarase en idades temperás, dos 12 ata os 18 anos
 

13/11/22 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’, que ofrece estadías 100% gratuítas a persoas maiores durante estas datas

Contará con 540 prazas distribuídas en dúas quendas do 23 ao 30 de decembro e do 31 o 7 de xaneiro nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e do Carballiño