Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Formación:

12/12/22 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias lembra que a Xunta investiu 3,4 M€ nos túneles da estación, o que supón case o 16% do seu custe

A delegada da Xunta en Vigo destaca o esforzo inversor do Goberno galego tanto nos pasos subterráneos como na Estación de Autobuses Intermodal que abrirá o vindeiro sábado

12/12/22 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Rosal conta cun pavillón máis accesible grazas ao convenio entre Xunta e Concello por máis de 200.000 euros

Lete Lasa destaca a aposta polo deporte adaptado e polo balonmán que supón esta intervención no pavillón no que xoga os seus partidos o Valinox Novás que loita polo ascenso á Asobal

12/12/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para a mellora de 32 paradas de autobús nos concellos da Laracha, Arteixo e Carballo, cun investimento de 1,3 M€

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar estas obras ao longo da estrada autonómica AC-552 na primavera, cun prazo de execución de 12 meses

12/12/22 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 1,2 M€ nas obras das beirarrúas e de seguridade da estrada Sanxenxo e Vilalonga, que estarán rematadas no verán

Vázquez Mourelle sinala que os traballos de mellora das beirarrúas ao longo de 3,8 km da estrada PO-504 están executados ao 40%, restando 400 metros para chegar á zona onde se habilitará unha nova glorieta, no cruce da Vichona

11/12/22 | 17:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar as obras para dotar de abastecemento de auga potable distintos núcleos de Pantón, cun investimento de case 610.000 €

Dotarase deste servizo a 240 veciños de 26 núcleos das parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, que actualmente se abastecen de auga a través de pozos
 

11/12/22 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa esta semana cos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das catro provincias

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 M€, para o control da biomasa das marxes das estradas da Xunta para previr lumes e reforzar a seguridade viaria
 

10/12/22 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a fase de supervisión do proxecto de trazado da Rolda Leste de Lugo

A Axencia Galega de Infraestruturas analiza o documento técnico elaborado e entregado polos redactores do proxecto, co obxectivo de acadar a aprobación provisional e sometelo a información pública

10/12/22 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 1,9 M€ as obras da nova depuradora e de mellora do saneamento na parroquia de Arca, no concello do Pino

A actuación beneficiará a 5 núcleos desta parroquia: O Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón, que na actualidade contan con dúas fosas sépticas que funcionan deficientemente, provocando vertidos frecuentes ao medio
 

10/12/22 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Becerreá, Baralla e As Nogais teñen en marcha o cuarto obradoiro 'Vía Künig' financiado pola Xunta con 510.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que está previsto construír dúas sendas peonís paralelas á estrada N-VI e ampliar o centro sociocultural de Baralla para habilitar un punto de atención aos peregrinos

10/12/22 | 10:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a seguridade viaria na estrada OU-531 no treito coincidente coa vía da prata ao paso polos concellos de Sandiás e de Xinzo de Limia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a levar a cabo a limpeza das marxes e cunetas da estrada e o reforzo da sinalización horizontal e vertical ao longo de 4 quilómetros desta vía autonómica