Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 108 novas da área temática Cooperación:

29/05/21 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo desenvolvemento da Eurorrexión nos proxectos presentados aos fondos europeos Next Generation

As propostas, por un importe de case 29M€, están centradas en actuacións ambientais, de mobilidade e de impulso económico e turístico en beneficio de ámbalas dúas comunidades a un lado e outro do río Miño

17/05/21 | 11:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a súa colaboración internacional cunha intervención para garantir a atención sociosanitaria da poboación desprazada en Mozambique

O Goberno galego destina 7.600 euros a esta actuación que permitirá atender a persoas desprazadas pola violencia en Cabo Delgado acollidas no campamento de Malica

03/05/21 | 17:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta intensifica a súa colaboración no exterior cos países en vías de desenvolvemento máis afectados pola pandemia

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participaron nun encontro en liña con representantes de organizacións non gubernamentais para o desenvolvemento de países do sur

22/04/21 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor no Senado a experiencia galega no ámbito da cooperación para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, compareceu hoxe na Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento do Senado.

09/04/21 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará a colaboración con Farmamundi en actuacións de acción humanitaria e emerxencia e para mitigar o impacto da Covid-19

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asinou hoxe o convenio de colaboración coa ONGD para levar a cabo as iniciativas previstas neste 2021

07/04/21 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia incrementa a axuda da cooperación exterior para mitigar o impacto da covid nas sociedades máis vulnerables

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, deu a coñecer hoxe no Parlamento de Galicia o Plan Anual 2021 de Cooperación galega, cun orzamento de case 7,5M€, un 12% máis que o do 2020

24/03/21 | 14:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que 680 persoas se benefician en Galicia do Programa de Protección Internacional

Ofrécese acompañamento e asesoramento a persoas solicitantes de asilo

18/03/21 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con ACNUR para reducir a situación de vulnerabilidade da poboación refuxiada venezolana en Colombia agravada pola pandemia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe coa organización o convenio para poñer en marcha esta actuación que permitirá atender a 32 familias para garantir o seu acceso aos servizos de emerxencia e cubrir as súas necesidades básicas

16/03/21 | 11:36

A Xunta impulsa a cooperación transfronteiriza en sectores clave para Galicia e Portugal: téxtil, industria 4.0, automóbil e agricultura

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe unha xornada sobre o proxecto europeo liderado pola Xunta sobre ‘Xeración de emprego de calidade transfronteirizo’ (Gemcat)