Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza en Ribadavia unha xornada técnica sobre boas prácticas na viticultura sustentable
A acción terá lugar o vindeiro día 23 de novembro na sede do Consello Regulador do Ribeiro e enmárcase no Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2022 da Consellería do Medio Rural
Un total de 8 empresas da comarca da Coruña do sector agroalimentario recibirán máis de 5 M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios
O delegado da Xunta visitou a empresa SAT Queinaga, unha das beneficiarias con máis de 1,4 millóns euros para levar a cabo a ampliación das súas instalacións
A Xunta celebra o recoñecemento ao Fondo Galego de Garantía Agraria pola súa xestión dos fondos comunitarios
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias recibiu a felicitación en Madrid, da man da directora xeral do Fondo Español de Garantía Agraria
A Xunta anima en Mondariz a apostar polos instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria que están a poñer en valor máis de 250 hectáreas na provincia de Pontevedra
Inés Santé referiuse aos polígonos agroforestais impulsados en Cerdedo-Cotobade, Crecente e Tomiño, á aldea modelo aprobada no primeiro destes municipios e á que está en fase de recollida de sinaturas nas Neves
A Xunta pon en marcha unha web para acceder a toda a información sobre o desenvolvemento da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia
Este novo portal está a centralizar o acceso a toda a información relativa á execución das aldeas modelo, dos polígonos agroforestais ou das agrupacións de xestión conxunta
A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación para aumentar a base territorial das explotacións de vacún de leite
Inés Santé aseverou que os polígonos agroforestais, que buscan mobilizar grandes áreas de terra, son especialmente acaídos para as comarcas con vocación leiteira que precisan incrementar a produción de forraxes
O DOG publica a declaración de utilidade pública de tres novas parcelarias nos concellos de Castroverde, Rairiz de Veiga e Valga que reorganizarán unhas 1.319 hectáreas
Estes novos decretos decláranse mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción
Un total de 11 empresas da área de Santiago do sector agroalimentario recibirán máis de 4M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios
O delegado da Xunta e a alcaldesa visitaron a empresa Lácteos Ferrado Verde, unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros para levar a cabo a renovación tecnolóxica das súas instalacións
A Xunta investirá o ano que vén ata 1,5 M€ en materia de seguros agrarios para explotacións vitícolas asociadas a Denominacións de Orixe
Outros 5,4 millóns de euros destinaranse en 2023 a promocionar os produtos galegos de calidade mediante feiras ou campañas
A Xunta convoca eleccións para a renovación de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se convocan estes procesos electorais e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno destes entes, mentres os doutros 11 consellos reguladores quedan prorrogados