Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e a CEG crearán un selo para distinguir as empresas colaboradoras na Formación Profesional
Haberá tamén un recoñecemento para as persoas titoras de alumnado destas ensinanzas
A Xunta de Galicia convocará 1.604 prazas nas oposicións de ensino de 2021, o 85% delas de novo ingreso
Haberá convocatoria nos corpos de mestres, profesores de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas, de artes plástica e deseño
A Xunta convoca os premios extraordinarios de formación profesional en grao superior
O obxectivo destes galardóns é recoñecer o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes
A Xunta abre o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, que se poderá cubrir desde mañá ata o 29 de abril
Está dirixido a familias, docentes e persoal non docente vinculado aos centros educativos, así como alumnado a partir de 5º curso de Primaria
A Xunta avalía coa Fegamp o uso compartido e o deseño de patios cubertos e pistas multideporte dos colexios atendendo ao Plan de nova arquitectura pedagóxica
O conselleiro de Educación trasládalle ao presidente do organismo supramunicipal a vontade de avanzar na colaboración mutua para a apertura destes espazos ao conxunto da cidadanía
Xunta e Foanpas abordan a mellora dos servizos escolares en Vigo
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, mantivo unha reunión de traballo cos responsables desta entidade
Román Rodríguez destaca o apoio do tecido empresarial galego á formación práctica na FP, que recupera xa niveis precovid
Agradece a Nueva Pescanova a confianza depositada na FP galega, que hoxe destaca por ser innovadora e moderna
Feijóo avanza que este ano se ofertarán nas distintas OPE de Sanidade, Administración Xeral e Educación máis de 4.300 prazas
Destaca que no eido sanitario volverase a esgotar a taxa máxima de reposición autorizada polo Estado coa convocatoria de 1.215 prazas
A Xunta trasladará o Centro de Formación do Profesorado de Vigo ao edificio anexo do CEIP Virxe do Rocío
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañada dos equipos directivos dos dous centros, visitou o edificio para analizar a organización dos espazos de xeito que se compatibilicen os actuais usos coas necesidades do centro formativo
A Xunta mantén aberto o prazo de matrícula ata o 12 de abril para o curso 2021-22 nas 25 escolas infantís públicas da comarca da Coruña
O delegado da Xunta visitou o centro As Mariñas na Coruña, que ofrece 61 prazas nos tres grupos de idade de 0 a 3 anos