Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

01/04/21 | 10:16

Medio Ambiente licita por máis de 75.000 euros o acondicionamento dun espazo público no lugar de Mugares, en Toén

O proxecto ten como principal obxectivo acometer unha actuación integral para recuperar esta zona, na que se localizan un conxunto de hórreos e un pombal, ao tempo que se pavimentan e acondicionan os camiños que conducen á mesma

31/03/21 | 13:23

A Xunta impulsa o 'proxecto Mil Ríos' para poñer en valor o patrimonio natural de 300 km de ríos galegos cun investimento de máis de 30 M€

Ángeles Vázquez salienta que este é un dos proxectos que forman parte da candidatura galega aos fondos ‘Next Generation’

29/03/21 | 14:31

Ángeles Vázquez lamenta que o Goberno central aínda non dera resposta ao informe da Asesoría Xurídica da Xunta sobre a Lei de cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente traslada o apoio da Xunta ás empresas asentadas no litoral ou que dan servizo ás mesmas e sinala o estado de inseguridade e incerteza que sofren polo impacto que poida ter a devandita norma

27/03/21 | 12:11

Medio Ambiente licita por 27.000 euros a redacción do proxecto de rehabilitación dun inmoble no casco histórico de Ribadavia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adquiriu esta vivenda, situada no número 16 da rúa Cervantes, a través da oferta pública de compra de inmobles do programa Rexurbe

26/03/21 | 13:52

A Xunta asina as escrituras de 7 inmobles adquiridos en Mondoñedo no marco do programa Rexurbe

A previsión é asinar a comezos de abril as escrituras doutras 6 propiedades, polo serán un total de 13 as adquiridas por preto de 622.000 €

26/03/21 | 12:46 | C. de Economía e Industria

O cambio de hora desta fin de semana supón un aforro enerxético próximo ao 0,4% no consumo eléctrico en Galicia

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Inega, destaca a importancia de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano

25/03/21 | 17:36

A Xunta participa na xornada de presentación de resultados do proxecto Migramiño para dar a coñecer as actuacións fluviais realizadas na conca internacional do Miño

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, dará a coñecer os retos futuros para a conservación das especies fluviais migradoras na Eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal

25/03/21 | 13:04

A Xunta convoca a segunda edición do distintivo Bandeira Verde de Galicia para recoñecer as boas prácticas dos concellos coa conservación e a protección das paisaxes e do medio ambiente

O director do Instituto de Estudos do Territorio recorda que a candidatura está aberta a todos os concellos que impulsaran proxectos e iniciativas para avanzar tamén nunha xestión responsable dos residuos, na eficiencia enerxética e o cambio climático

24/03/21 | 18:13

A Xunta ofrece a 87 concellos costeiros unha ferramenta para identificar as construcións afectadas pola Lei de cambio climático

Ángeles Vázquez lembra que o Goberno central conta desde hai unha semana co informe sobre a futura norma estatal da Asesoría Xurídica da Xunta, onde advirte de que o artigo 18 é “inconstitucional” e atenta contra a seguridade xurídica