Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia xa conta cunha folla de ruta propia coa que afrontar os efectos do cambio climático na comunidade
A Consellería de Medio Ambiente aprobou hai ano e medio a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, que ten por obxectivo global acadar a neutralidade climática na Comunidade
Medio Ambiente incorpora ao catálogo galego de árbores senlleiras unha formación de sobreiras localizada no Rosal
En Galicia existen a día de hoxe un total de 179 elementos catalogados como senlleiros en recoñecemento ás súas características singulares ou excepcionais
A ministra para a Transición Ecolóxica corrobora que a finalidade do artigo 18.4 da Lei de cambio climático é a de eliminar a prórroga extraordinaria de todas as concesións na costa
As conselleiras de Medio Ambiente e do Mar recibiron hoxe resposta da carta enviada ao Ministerio hai tres semanas
Galicia recorrerá ante o Tribunal Constitucional a Lei de cambio climático do Estado se o Congreso a aproba coa redacción actual
A Xunta lembra que hai dous informes da Asesoría Xurídica da Xunta e do Consello Consultivo de Galicia que ven inconstitucional o anteproxecto de lei promovido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica pola redacción dos artigos 18.3 e 18.4
A Xunta salienta a oportunidade dos fondos europeos para mellorar os ecosistemas e a biodiversidade das zonas Rede Natura 2000, como os Ancares, cun investimento de 15 M€
A recuperación e restauración destes espazos é unha das apostas do Goberno galego na súa candidatura aos ‘Next generation’
O Consello Consultivo conclúe que o artigo 18.4 da Lei de cambio climático é inconstitucional por afectar ás prórrogas de concesións na costa xa outorgadas
O Goberno galego coñeceu hoxe o ditame do organismo, onde afirma que o artigo 18.4 ten por fin limitar a duración das concesións no litoral da Lei de costas, derrogando o prazo de ata 75 anos de prórroga extraordinaria
A Xunta aposta por seguir investindo na revitalización do patrimonio natural e consolidar o turismo sostible en Galicia
“Seguiremos mellorando e impulsando ese turismo de natureza do cal Galicia é tan rica e que, polo tanto, os galegos temos que coñecer; porque se o coñecemos, preservarémolo, coidarémolo e mimarémolo”, salienta Ángeles Vázquez
Medio Ambiente recorda que as entidades colaboradoras de pesca poden solicitar axudas para as tarefas de vixilancia nos ríos
Ángeles Vázquez lembra que o DOG publicou o 22 de marzo a nova orde, coa que tamén se subvencionan actividades de carácter divulgativo e formativo
A Xunta e o Goberno central colaborarán en materia cartográfica e xeográfica para garantir o acceso á información e uns criterios homoxéneos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Consello Superior Xeográfico renovan a integración de Galicia no Sistema Cartográfico Nacional