Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/04/22 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para maio e xullo os propietarios dos terreos necesarios para executar 2 novos treitos de senda na AC-552 en Coristanco para favorecer o acceso a pé ao centro comercial

Trátase de dous itinerarios nas marxes da vía autonómica, que se executarán no remate da senda Carballo-Coristanco, dándolle continuidade cara ao centro comercial, e entre Agualada e o cemiterio de Agrilloi

04/04/22 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras da estación de autobuses da intermodal da Coruña comezarán en outubro, cun investimento de 40 M€ que levará aparellados 700 empregos

Vázquez Mourelle detalla que a licitación inclúe a nova terminal de autobuses e o aparcadoiro subterráneo, cun investimento de 29,7 M€; e o proxecto de elementos comúns elaborado por ADIF, cun orzamento de 10 M€, que materializará a Xunta

04/04/22 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 1,1 M€ na execución de dúas sendas na estrada OU-536 ao seu paso por Santa Baia e As Vendas, nos concellos do Pereiro de Aguiar e de Esgos

Construiranse dous itinerarios que sumarán 3 km de lonxitude e terán unha anchura mínima de 2 metros con pavimento coloreado, atendendo as necesidades de persoas con mobilidade reducida e ofrecendo unha adecuada integración estética

04/04/22 | 11:30

A Xunta licitará en 39.800 euros a redacción do proxecto de ampliación do polígono industrial de Meira

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembra que existe unha partida de 515.000 euros para iniciar as obras este mesmo ano

02/04/22 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, o Outeiro e o Pedral, en Boimorto, que suporán un investimento de 487.000 €

Construirase unha rede de colectores e unha depuradora para o tratamento das augas residuais deste 3 lugares do municipio, con vivendas unifamiliares dispersas, ademais dunha pequena explotación gandeira e un bar

02/04/22 | 11:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/04/22 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta alegacións ao anteproxecto de Lei de mobilidade sostible do Goberno de España, que considera lesivo para as comunicacións do rural

O Goberno autonómico demanda que se consideren as peculiaridades de Galicia, que pola súa elevada dispersión territorial e polo envellecemento da poboación precisa dunha alta capilaridade dos servizos de mobilidade

01/04/22 | 13:03

A Xunta empraza ao Goberno central a clarificar o seu criterio á hora de autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral

Encarnación Rivas lamenta a “incomprensible diferenciación” que fai o Estado ao permitir reconverter antigos faros en hoteis mentres nega esta opción ás edificacións situadas en servidume de protección, polo que insta a aplicar “a mesma vara de medir” en toda a costa

01/04/22 | 12:16

A Xunta estudará colaborar co concello de San Cristovo de Cea para humanizar varias rúas do municipio

Con esta actuación o Goberno local quere darlle continuidade ás obras xa executadas no núcleo de Cea na busca de dotar de uniformidade a todo o conxunto, cunha pavimentación axeitada ao uso peonil e tráfico lixeiro, principalmente no casco antigo

01/04/22 | 10:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta desde o luns os horarios dos autobuses entre Verín e A Gudiña para facilitar 5 enlaces ao día cos servizos de tren a Madrid

O Goberno galego activa unha nova liña entre Verín e a estación de tren da Gudiña, que ofrecerá un servizo ao día