Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

29/06/20 | 13:44

Galicia porá á disposición das redeiras 400.000 euros de apoio á reactivación do sector tras a crise derivada do coronavirus

Esta é unha das medidas do plan de recuperación para o eido marítimo-pesqueiro dirixida especificamente ás profesionais que viron reducidos os seus ingresos durante a pandemia e non puideron beneficiarse da prestación por cese de actividade habilitada trala declaración do estado de alarma

26/06/20 | 13:15

Rosa Quintana destaca o valor de iniciativas como o Premio de Deseño Anfaco para impulsar o consumo de conservas do mar

Sinalou que tamén é un xeito de reivindicar o papel do sector transformador de produtos do mar, que durante o estado de alarma decretado polo coronavirus realizou un gran esforzo no subministro de alimentos de calidade á cidadanía

26/06/20 | 11:11

As organizacións de produtores pesqueiros galegas dispoñen de 2,3 millóns de euros en 2020 para os seus plans de produción e comercialización ante a crise do coronavirus

A convocatoria, que sairá publicada no ‘Diario Oficial de Galicia’ nas vindeiras semanas, está incluída no plan ‘Avantemar’ para a recuperación do eido marítimo-pesqueiro ante a crise derivada da alerta sanitaria polo coronavirus

25/06/20 | 13:26

Rosa Quintana agradece o esforzo do sector pesqueiro lucense na crise do coronavirus pois aportou o 30% das descargas de produtos do mar en Galicia

A titular de Mar salienta que os portos da Mariña foron fundamentais no subministro de produtos de calidade á cidadanía co desembarque de arredor de 12.500 toneladas de peixe e marisco desde o inicio do estado de alarma

25/06/20 | 10:29

Mañá comeza a veda da centola e do boi na provincia de Lugo

A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 29 de novembro, día incluído

23/06/20 | 10:34

Gardacostas requisa preto de 10.000 metros de artes de enmalle, case 500 nasas e máis de 330 quilos de distintas especies de peixe e marisco

Os axentes do organismo dependente de Consellería do Mar incautáronse de máis de 6.700 metros de artes de enmalle nunha importante actuación na ría de Camariñas, na que tamén comisaron 70 quilos de distintas especies

22/06/20 | 12:18

Galicia defende que se teña en conta a contribución do sector á mellora do estado das especies á hora de fixar as posibilidades de pesca para o 2021

Este esforzo da frota foi clave para conseguir que case o 80% dos Totais Admisibles de Captura acaden o nivel óptimo de capturas que pode extraerse dunha poboación de peixes cada ano sen prexudicar o stock, o que permite que o 99% das cantidades extraídas no Atlántico o fagan baixo esa sustentabilidade

20/06/20 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Anfaco-Cecopesca colaborarán no desenvolvemento da acuicultura e a pesca artesanal en Perú

A actuación está destinada a reforzar a competitividade deste sector na Baía de Sechura para contribuír ao desenvolvemento económico e social desta comunidade costeira

19/06/20 | 10:35

Mañá comeza a veda da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 8 de novembro, día incluído, en ambas provincias

18/06/20 | 13:20

Galicia porá a disposición do marisqueo a pé máis de 5 millóns de euros de apoio á reactivación do sector trala crise derivada do coronavirus

Esta é unha das medidas do plan de recuperación para o eido marítimo-pesqueiro dirixida especificamente aos profesionais que pararon temporalmente durante a pandemia e non puideron beneficiarse da prestación por cese de actividade habilitada trala declaración do estado de alarma