Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Medio Ambiente asesorará a Covelo no desenvolvemento dunha nova bolsa de solo no polígono industrial das Medelas
Ángeles Vázquez trasladoulle ao rexedor que o Instituto Galego da Vivenda e Solo axudará á Administración local nos trámites necesarios para iniciar o estudo de viabilidade deste proxecto
A Xunta deseña unha rede de infraestruturas industriais para facilitar que máis de dous millóns de galegos conten cun servizo de valorización da materia orgánica a menos de 50 km
Esta planificación inclúe as catro plantas de biorresiduos e as 13 plantas de transferencia para o transvase da materia orgánica que darán servizo aos concellos adheridos a Sogama
A Xunta somete a información pública o documento inicial do futuro plan de acción da paisaxe na Ribeira Sacra
O texto permanecerá exposto dous meses para a presentación de alegacións antes de seguir a súa tramitación, co obxectivo de aprobalo definitivamente este verán
Ángeles Vázquez salienta o apoio da bióloga Odile Rodríguez de la Fuente á demanda de Galicia dunha xestión do lobo consensuada
Insiste en reclamar ao Goberno central que paralice a súa proposta para elevar o nivel de protección da especie ata que se aprobe unha nova estratexia nacional
Feijóo avanza un investimento de 52 millóns de euros para mellorar a xestión dos biorresiduos
Salienta que a Xunta destinará gran parte deste orzamento á construción de tres novas plantas de biorresiduos nos concellos de Vilanova de Arousa, Cervo e Verín
A Xunta facilita a construción do novo edificio dotacional da Universidade da Coruña no Campus de Ferrol
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dá por finalizada a tramitación ambiental para a modificación do polígono residencial de Esteiro
Sogama pecha a compra de dúas parcelas nas que se ubicará a nova planta de transferencia de Cee por máis de 270.000 euros
A Xunta adquiriu 4.530 m2 no polígono industrial de Cee, para trasladar a actividade que agora se realiza na planta do Monte do Son
Xunta, Concello e Ecoembes colaboran para impulsar en Santiago un sistema pioneiro en Galicia que premia a reciclaxe de envases
Máis de 97.000 composteláns poderán obter premios sostibles e sociais por depositar estes residuos nos case 600 contedores amarelos que hai na cidade
Feijóo destaca a recuperación dos Baños de San Xusto en Cerdedo-Cotobade como exemplo da aposta pola conservación do patrimonio natural e cultural a través dos Pactos pola Paisaxe
Salienta que este Pacto pola Paisaxe asinado en 2019 co concello pontevedrés foi o primeiro posto en marcha en toda Galicia e permitiu levar a cabo este proxecto, cun investimento de preto de 700.000 euros
A Xunta licita as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas da provincia de Pontevedra que suporán un investimento de preto de 775.000 euros
Actuarase nas estradas PO-214, PO-221, PO-222, PO-223, PO-233 e PO-303, nos concellos de Pontecesures, A Estrada, Moraña, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Padrón, Sanxenxo, Meaño e Cambados