Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pide ao Goberno transparencia no reparto dos fondos europeos Next Generation para que Galicia poida competir en igualdade de condicións
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo nunha xornada sobre os retos que trae o novo contexto socieconómico, organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia
Os autónomos e pemes galegos poderán solicitar este mes axudas á dixitalización que suman 17M€
As liñas de apoios e obradoiros á dixitalización, con 7,4 millóns, porán o foco nos proxectos para sectores estratéxicos como o téxtil, a construción naval ou a automoción
A Xunta agarda que o Goberno sexa sensible ás necesidades da comarca de Ferrolterra e dos traballadores de Navantia
Conde remarca que a Xunta leva un mes esperando desde que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, o documento do Pacto de Estado por Ferrol
A Xunta avalía con CCOO as oportunidades que se presentan en Galicia para asentar a reactivación económica e a xeración de emprego
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuníronse esta mañá coa nova executiva do sindicato en Galicia, encabezada pola súa secretaria xeral, Amelia Pérez
Trenor clausura o encontro Gali Forum organizado pola Asociación Cambre Empresarial
O delegado da Xunta destacou que a prioridade da Xunta na xestión da pandemia foi que a nosa comunidade fose un referente de estabilidade e responsabilidade
A Xunta sinala que os premios de AJE Galicia exemplifican a capacidade de innovación do tecido empresarial galego
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Narón na entrega dos ‘X Premios Joven Empresario/a e Iniciativa emprendedora de Galicia’
Conde destaca o esforzo do tecido produtivo galego, con máis de 12 empresas creadas ao día en 2021
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, interveu hoxe nun encontro sobre os retos económicos xurdidos da crise da covid-19, con motivo da celebración do pleno da Cámara de Comercio da Coruña
A Xunta avanza co Inta no deseño do polo aeroespacial de 2025 co obxectivo de consolidar Galicia como un referente no sector
A nova Estratexia 2021-2025 contempla a atracción de 4 a 8 empresas tractoras da industria aeroespacial e a participación de máis de 200 empresas, sobre todo pemes
Conde afirma que o terceiro Plan de Rescate, que hoxe publica o DOG, é unha oportunidade para consolidar a reactivación do sector do comercio
Anima os comerciantes galegos a acollerse a estas axudas porque, dixo, están pensadas para reparar os danos causados pola pandemia en pemes e autónomos, compensar os sacrificios que tiveron que facer e axudarlles a retomar o paso
A Xunta activa o terceiro Plan de Rescate para autónomos e empresas con axudas directas por 234 M€ que poderán solicitarse desde o próximo luns
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases que rexerán esta nova convocatoria de axudas para o apoio a persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da covid-19