Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

14/08/20 | 13:02

A Xunta salienta a importancia dos selos de calidade para enxalzar as bondades dos produtos do mar e impulsar os seus prezos

Rosa Quintana agradeceu o labor realizado pola frota de Cedeira durante a alerta sanitaria polo coronavirus pois as descargas de pescada no seu porto aumentaron no primeiro semestre do ano a pesar da pandemia

14/08/20 | 10:25

O DOG publica a convocatoria de eleccións para a renovación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia

Os comicios para elixir aos 12 vogais do Consello, que á súa vez decidirán quen serán o presidente e os vicepresidentes do organismo, celebraranse o sábado 14 de novembro

13/08/20 | 12:34

As organizacións de produtores pesqueiros de Galicia dispoñen de máis de 3,3 millóns de euros en axudas para os seus plans de produción e comercialización

O ‘Diario Oficial de Galicia’ vén de publicar a convocatoria de achegas de 2020 para a preparación e aplicación dos seus plans de produción e comercialización

12/08/20 | 12:52

O centro de formación a Aixola reabre as súas portas con oito novos cursos e máis dun cento de prazas para o sector marítimo-pesqueiro

A actividade formativa ía comezar xa o pasado mes de abril pero tivo que aprazarse como consecuencia da alerta sanitaria polo coronavirus

05/08/20 | 10:17

Galicia amplía en 400.000 euros o crédito das axudas a bateeiros, confrarías e acuicultores que fomenten unha actividade sustentable

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a orde a través da que se incrementa o importe destinado á convocatoria de 2020 destas achegas, que pasa a ser dun total de máis de 10,8 millóns de euros

04/08/20 | 10:28

Galicia participa na plataforma de promoción da cultura oceánica europea co Centro Tecnolóxico do Mar como membro fundador

O ente dependente da Consellería do Mar aporta a súa experiencia tanto na difusión da ciencia aos sectores marítimos e á comunidade pesqueira como na execución de proxectos neste ámbito

02/08/20 | 12:13

O Instituto Tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia recibe un premio internacional polo seu labor no apoio á conservación e valorización do mar

O centro dependente da Consellería do Mar obtivo o recoñecemento Natura Mare, que concede a firma PriceWaterhouseCoopers Portugal no marco dos premios Excellens Mare 2020

01/08/20 | 13:08

A Xunta destaca o valor de eventos como a Festa da Conserva de Vilanova para enxalzar os produtos do mar e apoiar ao sector ante a crise do coronavirus

Rosa Quintana subliña que festas coma esta contribúen a agradecer á industria o gran labor realizado durante a pandemia para subministrar alimentos da calidade á cidadanía a pesar das dificultades

29/07/20 | 12:18

A Xunta pide ao Estado que rectifique e retire da Lei de cambio climático o artigo que pon en risco a máis dun cento de empresas da cadea mar-industria de Galicia

O Executivo galego lembra que o Goberno central incorporou o cambio normativo pola porta de atrás, en plena alerta sanitaria, sen diálogo previo co sector e cando xa está a aplicar a normativa en vigor de xeito hiperrestritivo