Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

30/04/21 | 13:38

O concello de Maside estrea un servizo de punto limpo móbil grazas a unha subvención da Xunta de preto de 60.000 euros

O municipio ourensán foi un dos beneficiarios da orde convocada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en 2020 para financiar proxectos locais relacionados coa mellora da xestión dos residuos domésticos

29/04/21 | 15:57

O Parque Nacional das Illas Atlánticas e a Universidade de Vigo colaboran na identificación dunha ánfora atopada en Cortegada

A peza, localizada por un particular hai varias décadas en augas próximas á illa, é a primeira deste tipo fabricada en África e que se documenta en territorio galego

28/04/21 | 14:31

Galicia rexistrou o ano pasado niveis históricos de redución do ruído ambiental debido ás medidas adoptadas fronte á covid

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fai públicas as conclusións do seu noveno informe anual sobre a situación acústica da Comunidade coincidindo coa celebración do Día internacional de concienciación sobre o ruído

28/04/21 | 12:06

A Xunta concede axudas a 39 concellos por un importe global de preto de 2,3 M€ para crear ou mellorar infraestruturas municipais

Estes incentivos están pensados para os municipios de menos de 20.000 habitantes, para colaborar nos seus proxectos de humanización e frear o despoboamento, mellorando a calidade de vida dos veciños

28/04/21 | 10:33

A Xunta aproba o proxecto sectorial que permitirá ampliar en máis de 67.000 metros cadrados o polígono das Gándaras

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a terceira fase contemplará a construción de case 40 novas parcelas

27/04/21 | 12:45

Ángeles Vázquez avanza a licitación da mellora de varias rúas no concello dos Blancos por preto de 50.000 euros

Salienta que no núcleo de Nocedo, ademais de traballos de adecuación, se instalará mobiliario urbano para dinamizar a vida veciñal na zona

26/04/21 | 13:22

Galicia convértese na terceira comunidade con máis humidais tras a proposta de inclusión das Illas Atlánticas na lista Ramsar

Un total de seis espazos galegos, que suman 16.178 hectáreas, quedarán distinguidos pola Unesco con este recoñecemento de carácter internacional

25/04/21 | 12:03

Medio Ambiente substitúe 61 vehículos para os traballos dos axentes ambientais

A Consellería adquire na modalidade de alugueiro un total de 15 vehículos todo terreos e 46 pick-ups, co obxectivo de mudar aqueles que remataron a súa vixencia

24/04/21 | 10:47

Medio Ambiente colaborará con Guntín no acondicionamento de espazos medioambientais e deportivos para os veciños do concello

Ángeles Vázquez salienta que este tipo de actuacións poñen en valor as vilas galegas e son unha aposta por convertese en municipios sostibles