Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

24/08/21 | 14:29 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o traballo dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia na creación da Mesa de Coordinación

Cualificando os GDR como os “nosos ollos no territorio”, José González salientou a importancia da creación dun órgano de traballo coma este, que amosa a vontade de seguir traballando a prol do rural, ademais dun compromiso por xerar sinerxías

23/08/21 | 13:15 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 1,2 M€ en case 530 hectáreas de pastos na provincia de Ourense para aumentar a base territorial das explotacións e previr incendios

José Balseiros destacou que este orzamento, enmarcado na segunda fase do Plan de pastos de Galicia, financiará un total de 10 pasteiros de nove concellos ourensáns

23/08/21 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa en Sergude un curso de formación complementaria á iniciación da análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida

A acción formativa ten previsto desenvolverse os días 30 de agosto e 1 de setembro no Centro de formación e experimentación agrogandeira (CFEA) de Sergude en horario de 16:00 a 21:00 horas

23/08/21 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta activa por terceiro ano consecutivo o plan propio de control de vendima nas cinco denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia

O principal obxectivo desta iniciativa, que está coordinada cos consellos reguladores vitivinícolas e dotada este ano cun orzamento de preto de 200.000 euros, é asegurar e preservar a calidade dos viños da nosa comunidade

22/08/21 | 13:03 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de San Cristovo de Cea avanzan na colaboración en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais

Na reunión valorouse a posibilidade da creación dun punto de auga para a recarga dos medios de extinción, así como a mellora das infraestruturas preventivas no territorio municipal

22/08/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa unha formación na Fonsagrada sobre iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne

Ten previsto desenvolverse dende o vindeiro luns día 30 de agosto ata o 3 de setembro nunha das aulas do antigo instituto da Fonsagrada

21/08/21 | 13:37 | C. do Medio Rural

A Xunta anima aos veciños de Leiro a involucrarse no proxecto de creación dun polígono agroforestal orientado a viñedo de case 100 hectáreas neste municipio

José González indicou que o polígono estaría orientado preferentemente cara a produción de viñedo, pero contemplando a posibilidade de diversificar os seus usos ao combinar cun aproveitamento mixto de gandaría extensiva cun uso forestal con árbores de especies autóctonas

19/08/21 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta forma na Cañiza ao sector da castaña en materia de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase o vindeiro xoves 26 de agosto no auditorio da Casa da Cultura do concello pontevedrés da Cañiza

18/08/21 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola innovación e a sustentabilidade no sector primario mediante cultivos en auxe como os arandos de produción ecolóxica

José Balseiros destacou que Bio Fruit Farmers conta coa maior parcela de arandos do norte da península e está en proceso de adquisición de novos predios para converterse en líder do Estado en bagas orgánicas, así como no maior produtor de kiwi de España