Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

26/05/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Once empresas optan á obra de mellora do albergue de peregrinos de Pontevedra

O proxecto está destinado a acondicionar, renovar e modernizar as instalacións deste albergue para presentar unha oferta de calidade e de sustentatibilidade e ter todo preparado para recibir aos peregrinos

26/05/21 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a colaboración mantida coa ONG Entreculturas nos últimos anos nos que recibiron mais de 3 M€ do Goberno galego

Entreculturas é unha organización non gobernamental de cooperación para o desenvolvemento especializada na educación e o desenvolvemento dos pobos

26/05/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa este domingo o programa turístico ‘Elixe Galicia’ para a mocidade, pensionistas e familias coa participación dunha decena de establecementos do Salnés

O delegado territorial, Luis López, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, presentan a iniciativa no porto do Grove na compaña do alcalde, José Cacabelos, e dos xerentes dos hoteis Montemar, Villa Juanita e La Noyesa

25/05/21 | 20:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor as actuacións para a mellora do trazado e a acollida no Camiño Portugués

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofreceu o relatorio “O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador”, no Foro do Camiño Portugués organizado polo concello de Tui

24/05/21 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Clúster de Turismo ofrecerán co Carné Xove un 10% de desconto en medio cento de establecementos hostaleiros de Galicia

O Goberno galego está a enviar o Carné Xove, que xa é gratuíto e indefinido, ao 100% das mozas e mozos de entre 12 e 30 anos

24/05/21 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia sitúase como a terceira mellor comunidade no ritmo de recuperación da demanda turística

No acumulado do ano a recuperación da demanda turística na comunidade galega foi mellor ca media nacional cun descenso 34 puntos inferior á media nacional

24/05/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O albergue de Vigo levará o nome de Juan Manuel López-Chaves, un dos artífices do recoñecemento internacional do Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro valorou o traballo do fundador e presidente de honor da Asociación dos Amigos dos Pazos para impulsar e difundir o Camiño Portugués e, especialmente, o Camiño Portugués da Costa, que pasa por Vigo

23/05/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Alfonso Rueda lembra que Galicia está preparada para acoller aos peregrinos neste Xacobeo 21-22 nun destino e nuns Camiños seguros

O vicepresidente primeiro da Xunta percorreu hoxe co triatleta Javier Gómez Noya e unha vintena de afeccionados, onde estaba tamén Oscar Pereiro, o tramo do Camiño de Santiago entre Arzúa e a catedral compostelá

21/05/21 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita en Fitur 2021 a subirse aos trens turísticos para coñecer Galicia a través de 11 rutas repletas de atractivos

O vicepresidente primeiro animou a desfrutar dunha experiencia “segura e tranquila” adaptada aos novos tempos

21/05/21 | 16:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Fitur 2021 a guía “Paseos que namoran”, unha escolla de 80 itinerarios polos mellores recunchos galegos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, animou a desfrutar de andainas que van do campo ao mar e dos xardíns urbanos ás fervenzas dos ríos