Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

11/09/20 | 12:43

Rosa Quintana destaca o papel clave do asociacionismo para impulsar a economía das zonas costeiras

A titular de Mar agradeceu o a todos os organizadores o seu traballo para sacar adiante o encontro Maridar no contexto da crise vencellada ao coronavirus

10/09/20 | 11:01

A Xunta convoca cinco novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría do Vicedo e tres na de Celeiro

Tamén convoca un permiso de explotación para marisqueo a pé na Agrupación de Mariscadores de San Cosme de Barreiros

09/09/20 | 14:08

A Xunta defende as iniciativas de impulso á comercialización dos produtos do mar para contribuír á reactivación do sector trala crise derivada do coronavirus

Rosa Quintana subliñou que as campañas de divulgación como a impulsada pola Organización de Produtores de Mariscos e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra permiten mellorar os prezos do mariscos e peixes

04/09/20 | 13:15

A Xunta promove a concienciación da sociedade na loita contra os residuos plásticos no mar mediante a campaña ‘Bye, bye plástico’

Esta acción pretende dar visibilidade ao problema que supón o consumo deste material e concienciar sobre a importancia de actuar de xeito responsable tanto ao desbotalo como ao xestionalo

03/09/20 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reitera a súa disposición e interese en acadar unha solución xurídica sobre a dragaxe da ría do Burgo que non implique parar indebidamente a actividade marisqueira

A Consellería de Infraestruturas dirixiuse ata en catro ocasións nas últimas semanas ao secretario de Estado de Medio Ambiente solicitando unha reunión e demandou a convocatoria inmediata dun encontro entre os servizos xurídicos sen obter resposta

26/08/20 | 13:45

A Xunta inviste catro millóns de euros na remodelación integral do bordo portuario do Concello de Porto do Son

As actuacións afectan a un total de 26.000 metros cadrados da franxa marítima e contan cun prazo de execución de 18 meses

22/08/20 | 11:44

Galicia estuda a explotación de macroalgas de interese comercial para impulsar a xestión sustentable e o cultivo do recurso

O Centro de Investigacións Mariñas iniciou unha investigación destinada a este fin para as anualidades 2020, 2021 e 2022 e a ela o Executivo galego destina un total de máis de 174.000 euros

19/08/20 | 11:53

Os profesionais do marisqueo a pé de Galicia teñen á súa disposición máis de 5,2 millóns de euros en axudas para compensar a súa inactividade pola covid-19

O ‘Diario Oficial de Galicia’ vén de publicar a convocatoria de achegas para as mariscadoras e mariscadores que paralizaron a súa actividade entre o 16 de marzo e o 30 de xuño e que non se beneficiaron da prestación extraordinaria por cese de actividade habilitada polo Goberno central

16/08/20 | 11:21

Os percebeiros galegos poden consultar desde o móbil con antelación as condicións do mar nas súas zonas de traballo

A Xunta lanza a aplicación Percegurú para teléfonos móbiles para facilitar o traballo destes profesionais do mar e axudalos na toma de decisións que aumenten a súa seguridade