Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Unha vintena de profesionais formaranse a partir de xuño nos museos xestionados pola Xunta
A listaxe de persoas beneficiarias da medida, cun orzamento total de 114.000 euros, pode consultarse no Diario Oficial de Galicia
Os museos da Xunta suman máis de 10 exposicións temporais para visitar nesta Semana Santa
— ‘O Camiño portugués. Memoria de mar e pedra’ despídese esta fin de semana na Cidade da Cultura, onde vén de abrir ‘Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño, 1924-2020’ con pezas de Man Ray, Salvador Dalí ou Le Corbusier, entre outros
Román Rodríguez recibe ao propietario do microscopio naturalista único en España que vén de ser protexido pola Xunta como Ben de Interese Cultural
A peza, unha das nove que se conservan en todo o mundo, foi creada por Antony Van Leeuwenhoek, considerado hoxe o pai da microbioloxía
A Xunta convoca o 'IV Concurso de Podcasts-Radio na Biblio', centrado na figura de Florencio Delgado Gurriarán
O certame dedícase cada ano á persoa á que se lle dedica o Día das Letras Galegas
Preto de 30 entidades galegas mellorarán os seus fondos documentais coas axudas para arquivos da Xunta
Os 145.000 euros previstos para a medida distribuiranse entre 20 entes locais e sete entidades sen fin de lucro, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia
A Xunta incorpora a Irlanda ao seu programa de intercambio literario e reforza a proxección exterior das Letras Galegas
Tras Xeorxia o ano pasado, nesta edición a convocatoria diríxese a escritores galegos e irlandeses que realizarán a súa estadía na Residencia Literaria 1863 da Coruña e no Tyrone Guthrie, centro empregado desde hai anos como retiro artístico
A Xunta estrea no Centro Dramático Galego 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' con dirección e dramaturxia de Marta Pazos
O Salón Teatro acolle este xoves a función inaugural da montaxe cun elenco integrado por Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado.
A Xunta renova o seu apoio ao festival RESIS, que reunirá na Coruña ata xuño destacados intérpretes de música contemporánea internacionais
O Museo de Belas Artes acollerá en maio a estrea en España de varias pezas musicais pertencentes a Yoko Ono e Georges Aperghis, entre outros artistas
Aberto o prazo para a incorporación de novos centros ao modelo de ensino plurilingüe para o vindeiro curso
Teñen ata o 30 de abril para solicitar implantar este modelo nas etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato
A Xunta inicia a restauración da locomotora coñecida como ‘Sarita’ para a súa integración no Museo Camilo José Cela
O obxectivo é a musealización da peza principal do Museo do Ferrocarril, situado na casa natal do Nobel galego, en Padrón, cun investimento de 45.000 €