Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

29/08/21 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá en Xinzo de Limia un curso sobre as posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica

Está previsto desenvolver esta acción formativa o vindeiro venres, 3 de setembro, en horario de mañá e tarde na Casa da Cultura

29/08/21 | 10:51 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a vindeira semana un curso en Friol sobre benestar animal no transporte

Impartirase nas instalacións da Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR) da Comarca de Lugo dende o vindeiro mércores 1 de setembro ata o martes 7 en horario de 10:00 a 14:00 horas

28/08/21 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra o vindeiro mércores no concello de Monforte de Lemos unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra

A acción formativa terá lugar na sede do consello regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra, en horario de 17:30 a 21:30 horas

28/08/21 | 11:05 | C. do Medio Rural

A Xunta formará unha trintena de persoas na Estrada e na Peroxa sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiros de froito

O obxectivo destas accións formativas é planificar as plantacións de castiñeiros en función das zonas e do destino final do produto, así como complementar a formación do sector en materia de tratamentos para as árbores, tendencias de mercado, etc.

27/08/21 | 12:42 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o carácter pioneiro e exemplar do proxecto silvopastoril das 'Vaquiñas de Pinzás' para xerar actividade rendible e anticiparse aos incendios

A acción -que contou cunha axuda pública de case 150.000 euros- xira arredor da introdución no monte de máis de 30 vacas autóctonas vianesas, a incorporación de tecnoloxía para a xestión do rabaño e o desenvolvemento de programas educativos

27/08/21 | 09:55 | C. do Medio Rural

A Xunta formará unha vintena de persoas nun taller sobre produción comercial de castaña en Verín

Esta acción formativa desenvolverase entre o 30 de agosto e o 8 de setembro no auditorio da localidade ourensá, en horario de tarde

27/08/21 | 09:36 | C. do Medio Rural

Unha ducia de persoas formaranse en Lugo nun curso da Xunta sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC

A acción formativa programouse para o vindeiro luns, día 30 de agosto, na Delegación territorial da Xunta en Lugo, en horario de 15:45 a 20:45 horas

26/08/21 | 14:18 | C. do Medio Rural

A Xunta formou en materia de reposición de marras en cultivo de viñas a 15 profesionais do sector

A acción formativa celebrouse no Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo

25/08/21 | 13:40 | C. do Medio Rural

A Xunta formará mañá 15 persoas en Friol sobre a inseminación artificial de gando bovino e a transferencia embrionaria

Organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e impartida pola OAC de Friol, a acción desenvolverase no Centro colaborativo desta localidade lucense

25/08/21 | 12:02 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 100.000 euros á mellora de infraestruturas rurais do Concello de Guntín

Na reunión, fíxose especial fincapé na necesidade de arranxar os camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas, un obxectivo para o que esta localidade ten consignados máis de 66.000 euros ao abeiro do Plan Marco 2021-2022