Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

28/07/22 | 16:56

Fernández-Tapias: “Temos 92 propostas para o alugueiro dos locais do casco vello e non imos a aceptar chantaxes nin clientelismos do concello”

A delegada territorial da Xunta en Vigo presidiu este xoves o comité do Consorcio Casco Vello no que se informou da xestión levada a cabo para a dinamización cultural do barrio histórico

26/07/22 | 12:39

A Xunta reformará a lei para que se identifique os animais de compañía que aparezan mortos na vía pública e se notifique aos seus donos

Esta modificación facilitará que os propietarios dos animais poidan comunicar ao rexistro a baixa do animal e, tamén, permitirá avanzar na investigación de posibles roubos

20/07/22 | 13:37

A Xunta amplía ata os 2,8 M€ as axudas a particulares para mellorar a imaxe exterior de inmobles en resposta á boa acollida da convocatoria deste ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se incrementa o orzamento da liña de crédito das subvencións para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e vivendas particulares
 

19/07/22 | 12:31

A Xunta salienta que a Oficina de rehabilitación de vivenda recibiu case 6.000 consultas desde a súa posta en marcha o pasado mes de marzo

Ángeles Vázquez subliña que os 14 encontros #ConstruíndoFogar da Xunta achegaron información sobre os programas de axudas en materia de vivenda a case 1.700 persoas

16/07/22 | 12:00

A Xunta e o Concello de Cervo investirán máis de 536.000 € para acondicionar unha praza no barrio da Atalaia

A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado hai máis de 10 anos para apoiar ás entidades locais en proxectos que permitan mellorar as condicións e a calidade de vida da veciñanza, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 M€

13/07/22 | 15:12

A Xunta convoca o bono de alugueiro social, que poderán pedir desde mañá os colectivos vulnerables para cubrir o 100% do custo da súa vivenda habitual

Como principal novidade, increméntanse as contías máximas das axudas previstas, que poderán chegar ata os 660 € ao mes fronte aos 540 € da convocatoria anterior

08/07/22 | 12:12

A Xunta invita aos propietarios de inmobles no Casco Histórico de Ribadeo a presentar as súas ofertas antes do 15 de xullo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se consigna un orzamento de 200.000 euros para a adquisición de edificios no marco da área Rexurbe do municipio

07/07/22 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta a renuncia de dúas empresas a tres obras do Rexurbe por mor do atraso de case ano e medio na concesión das licenzas de obra municipais

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, sinala que o IGVS non pagou as taxas de licenza porque o Concello de Ferrol aínda non as enviou

06/07/22 | 15:03

A Xunta anuncia a convocatoria nos vindeiros días de 2 liñas de axudas para concellos e particulares por un importe global de 26,5 M€

O programa para a rehabilitación de vivenda a nivel de barrio, dotado para este ano con 11,5 M€, está dirixido a cidadáns e entidades locais

05/07/22 | 18:31

A Xunta e o Concello de Tui repasan o contido do futuro plan de dinamización da área Rexurbe municipal

O Goberno local agarda poder presentar o documento antes de que remate o verán