Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Transporte:

21/09/22 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará a seguridade viaria e mellorará a accesibilidade na estrada OU-536 ao seu paso por Esgos

As obras, que suporán un investimento autonómico de preto de 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas

21/09/22 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que as obras de mellora da seguridade viaria da estrada Valdoviño-Cedeira permitiron acurtar nun 30% o tempo de percorrido grazas a un investimento da Xunta de 4,7 M€

Vázquez Mourelle subliña que a actuación, demandada polos veciños e visitantes ao ser esta unha estrada pola que circulan de media 5.000 vehículos ao día, supón unha mellora “moi significativa” para as comunicacións do norte da comarca de Ferrolterra

21/09/22 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reorganiza desde o vindeiro luns as rutas do autobús integrado do CPI de San Vicente da Baña para mellorar o servizo ao alumnado

As paradas redistribúense a través de 6 novas liñas para adecuar os itinerarios ás necesidades neste curso escolar, garantindo a coordinación das chegadas e saídas ao centro

20/09/22 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata un incremento do 40% no uso do autobús autonómico impulsado polos descontos do 50% que aplica desde o pasado 1 de setembro

Ethel Vázquez detalla que nesta 1ª quincena houbo un incremento do 25% do uso do autobús no corredor Oleiros-Sada-Culleredo-A Coruña, con respecto ao mesmo período do ano anterior

19/09/22 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de acondicionamento das beirarrúas na estrada PO-504 en Sanxenxo, que supoñen un investimento autonómico de preto de 223.000 €

O obxectivo é mellorar a accesibilidade peonil e a seguridade viaria na estrada PO-504 entre os puntos quilométricos 0+680 e 4+450

15/09/22 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta outorga axudas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia cun investimento de 500.000 €

O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

12/09/22 | 11:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende as demandas sobre o impulso do AVE Vigo-Porto e a saída sur de Vigo que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal proporá de cara ao próximo Cumio ibérico

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou esta mañá a sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que xa está a traballar en proxectos conxuntos para optar á nova convocatoria do POCTEP 2021-2027

05/09/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias cifra en 560.000 euros a bonificación da Xunta para os veciños de Cangas e Moaña cos descontos do 50% que aplica desde o 1 de setembro no transporte interurbano e de ría

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe a estación marítima e de autobús de Cangas que dá servizo a uns 800.000 usuarios ao ano

01/09/22 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas