Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

16/03/22 | 11:20

A Xunta inviste preto dun millón de euros na renovación e mellora dos pantaláns para profesionais do Porto da Pobra do Caramiñal

A presidenta de Portos de Galicia visitou os traballos que están xa en execución coa substitución do pavimento por madeira tecnolóxica e incluirán, entre outras actuacións, a dotación de novos fingers para ampliar o tamaño das prazas de amarre

02/03/22 | 13:37

A Xunta impulsa a transformación do peirao de Palmeira en base ao anteproxecto do arquitecto David Chipperfield

Os traballos previstos, en coordinación co Concello de Ribeira, permitirán renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar e máis atractiva para os veciños e visitantes

22/02/22 | 14:57

A Xunta reabre integramente ao tráfico rodado a ponte de acceso á dársena norte do porto de Malpica

Portos de Galicia vén de investir preto de 340.000 euros nas obras de reforzo e sostemento da infraestrutura

21/02/22 | 14:03

A Xunta inviste 120.000 euros na mellora de infraestruturas do porto de Burela

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o delegado territorial en Lugo, Javier Arias, comprobaron as obras realizadas, que incluíron a instalación de novos brazos de amarre en dous pantaláns e a renovación das portas dos departamentos do punto limpo tipo A

15/02/22 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra o paso adiante da aprobación do proxecto de conexión ferroviaria de Punta Langosteira e aposta por que se liciten as obras canto antes

Ethel Vázquez salienta que este fito será posible grazas ao tesón e á continua reivindicación desta infraestrutura por parte da Xunta e do seu presidente

12/02/22 | 12:00

A Xunta inviste arredor de 750.000 € na mellora dos pantaláns do Freixo e Noia

Portos de Galicia vén de rematar as obras no porto noiés e está a executar a reforma integral do peirao de Serra de Outes

09/02/22 | 16:52

A Xunta presenta o proxecto de adecuación e humanización do acceso ao porto de Raxó

A presidenta de Portos de Galicia e o delegado territorial de Pontevedra deron a coñecer ao Concello de Poio, á confraría e aos colectivos implicados a proposta técnica en cuxa redacción o organismo portuario vén de investir 18.000 euros