Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Medio ambiente:

20/10/22 | 17:37

Hoxe comeza a campaña electoral ás vogalías das xuntas xerais das confrarías de Galicia e estenderase ata o 27 de outubro

Un total de 1.670 traballadores e de 991 empresarios do mar son candidatos a vogais dos órganos de xestión dos pósitos
 

17/10/22 | 14:15

A Xunta investirá máis de 3 M€ en 2023 para a promoción dos produtos do mar nunha quincena de eventos sectoriais nacionais e internacionais

A Consellería do Mar acompañará ás empresas galegas en distintas accións para favorecer a súa internacionalización e a busca de oportunidades de negocio no exterior

17/10/22 | 12:46

O porto do Xufre acolle un proxecto piloto de I+D+i para protexer do vento a frota abrigada por diques aboiantes

Portos de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña colaboran na presentación desta solución técnica novidosa baseada na colocación de pantallas na punta dos pantaláns co obxecto de poder aplicala noutras instalacións

14/10/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará en 2023 máis de 10 M€ á mellora do saneamento da ría de Pontevedra tras culminar este ano as obras do emisario submarino dos Praceres

Vázquez Mourelle destaca que o emisario submarino dos Praceres é o máis longo de toda Galicia, acada xa o 90% de execución e estará rematado este ano para conectarse á depuradora nos primeiros meses de 2023
 

13/10/22 | 18:18 | A Presidencia da Xunta

Rueda garántelles ás empresas pesqueiras galegas na Arxentina reforzo na cooperación por parte da Xunta por tratarse dun sector estratéxico para Galicia

Na súa primeira viaxe a América do Sur como titular do Goberno galego, Rueda salienta o benestar que xeran en ambas beiras do Atlántico estas empresas

10/10/22 | 12:34

A Xunta publica as normas reguladoras dos sorteos de permisos de pesca fluvial para a vindeira tempada

As persoas interesadas poderán presentar desde mañá as súas solicitudes, preferentemente por vía telemática, e o prazo finalizará o vindeiro 28 de outubro

07/10/22 | 21:02

A Xunta entrega á frota argumentos sólidos para que as casas armadoras poidan fundamentar os recursos individuais contra o veto da Comisión Europea

O Executivo galego puxo a disposición do sector un documento elaborado nas últimas semanas que tamén vai ser enviado ao Goberno central para reforzar o recurso que vai presentar o Estado contra esta prohibición

06/10/22 | 18:45

Galicia avoga por unha alianza con rexións europeas para defender á frota ante o veto á pesca de fondo

A Xunta incide na necesidade de que o Goberno central, como Estado membro, siga traballando na vía do recurso, pide celeridade neste labor e ve fundamental insistir na suspensión temporal da medida, así como avanzar na vía da moratoria