Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

11/11/22 | 13:46 | A Presidencia da Xunta

Rueda dá a benvida a Airbus, Babcock e Telespazio como socios do Polo Aeroespacial de Galicia para mobilizar case 300 M€ en 40 proxectos que definirán o sector do futuro

Asegura que esta alianza permitirá situar a Galicia como centro de referencia no sector aeroespacial en España, así como desenvolver proxectos punteiros de I+D+i
 

10/11/22 | 18:32 | C. do Medio Rural

Un total de 11 empresas da área de Santiago do sector agroalimentario recibirán máis de 4M€ en axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios

O delegado da Xunta e a alcaldesa visitaron a empresa Lácteos Ferrado Verde, unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros para levar a cabo a renovación tecnolóxica das súas instalacións

10/11/22 | 15:04 | C. de Economía e Industria

Luis López destaca a aposta de Extrugasa pola innovación e a internacionalización para liderar a extrusión de aluminio a nivel mundial


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra fixo unha visita institucional ás máis de oito hectáreas de instalacións que a empresa galega ten na parroquia de Campaña

10/11/22 | 11:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel de Aimen na introdución de tecnoloxías de fabricación avanzada na industria galega

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá en Vigo na apertura das XVI Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxías Láser

09/11/22 | 19:07 | C. de Economía e Industria

Galicia é xa unha referencia en tecnoloxía para os vehículos non tripulados, con 70 compañías que se dedican ao sector aeronáutico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que os orzamentos para 2023 dedican 27 millóns de euros a seguir consolidando o Polo Aeroespacial de Galicia

08/11/22 | 21:21 | A Presidencia da Xunta

Galicia pide a colaboración do Goberno central para unha transición ecolóxica que ampare os intereses enerxéticos e industriais da Comunidade

Rueda require máis flexibilidade nos prazos de tramitación dos proxectos de enerxía eólica na Comunidade, especialmente aqueles con vinculación industrial

08/11/22 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo na celebración do seu centenario

José Luis Cabarcos destacou que as instalacións ofrecen un ciclo medio de Formación Profesional de Aproveitamento e conservación do medio natural na modalidade dual, que inclúe prácticas remuneradas en empresas desde o primeiro momento

08/11/22 | 12:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Valencia as posibilidades dos fondos europeos para potenciar a competitividade do tecido produtivo galego en clave dixital e verde

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha charla coloquio celebrada no marco do V Congreso de Industria Conectada, onde se falou do futuro da industria e da xestión dos fondos europeos polas administracións territoriais

08/11/22 | 11:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa 19 proxectos de mellora de parques empresariais da provincia da Coruña que mobilizan 2 M€

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá as obras de mellora de viais no polígono Camporrapado de Boqueixón, que é concello emprendedor