Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta demanda ao Goberno central que financie todos os gastos que están a ter as Comunidades Autónomas na atención a refuxiados ucraínos
Insta a sufragar tamén as axudas postas en marcha para a atención das necesidades básicas destas persoas ou a escolarización na etapa de 0 a 3 anos
Emigración convoca o programa “Reecontros co Xacobeo” para 205 galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América
O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo
Rueda destaca o compromiso da Xunta co apoio aos retornados a través de liñas de axudas que suman máis de 5,5 M€ de investimento
A Xunta ofertará o vindeiro curso 250 bolsas BEME, 50 máis que nesta edición, ante o aumento de solicitudes
Emigración convoca o programa “conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América, percorran o Camiño de Santiago
O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior de entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo
Miranda evidencia o esforzo de adaptación da Administración galega durante a pandemia para apoiar aos cidadáns do exterior e reclama a mesma implicación do Estado
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Madrid ao Primeiro pleno do VIII Mandato do Consejo General da Ciudadanía Española Exterior
Miranda participa nos actos do Día das Letras Galegas organizados por Fagama na Casa de Galicia de Madrid
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu a labor das entidades galegas do exterior en prol do galego e recordou que “é grazas a ese esforzo e amor pola lingua propia que a nosa cultura pervive entre as novas xeracións que xa naceron lonxe de Galicia”
Emigración firma un acordo de colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes retornados en Galicia co fin de facilitar a integración dos bolseiros BEME
A Secretaría Xeral da Emigración destina 20.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior