Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

21/11/22 | 14:26 | A Presidencia da Xunta

Rueda analiza coa Sociedade Impulsa os principais proxectos para o avance de Galicia e as oportunidades para o seu desenvolvemento

Destaca a aposta da Comunidade polas enerxías alternativas e por iniciativas para promover a economía circular que situarían a Galicia na vangarda das renovables e da economía sustentable

21/11/22 | 11:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca que os orzamentos de 2023 son solidarios, solventes e fonte de dinamización económica

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos interveu no Debate de Totalidade do Proxecto de Lei de Orzamentos de Galicia para 2023
 

19/11/22 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha nova liña de apoios para facer dos clústeres emerxentes impulsores da innovación e o desenvolvemento sostible entre o tecido empresarial

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 15 de decembro e as axudas céntranse na posta en marcha de plans estratéxicos e proxectos orientados ao fomento da dixitalización, a innovación e a internacionalización que dean soporte ao papel dinamizador que os clústeres teñen na actividade económica de Galicia

18/11/22 | 21:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta a importancia dos emprendedores galegos que desprenden talento, iniciativa e confianza ante a actual incerteza

Subliña que os Orzamentos de 2023, que serán aprobados en tempo e forma grazas á estabilidade, incluirán máis de 8,5 M€ para apoiar o sector vitivinícola

17/11/22 | 20:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a fábrica de Windar en Navantia Fene consolidará o liderado de Galicia na industria de compoñentes da eólica mariña

Asegura que é un dos proxectos que marcará un antes e un despois na industria da zona, que se está preparando para ser un referente da transición enerxética xusta

17/11/22 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 15 axencias de viaxe das comarcas de Santiago, Barbanza e Costa da Morte con máis de 110.000 € para axudar ao desenvolvemento das súas actividades

A convocatoria deste ano para este sector contou cun ozamento de 650.000 euros para gastos derivados da creación do produto e/ou comercialización do destino Galicia e gastos derivados da transformación dixital

17/11/22 | 14:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por impulsar a nivel europeo un Fondo Especial de Transformación que facilite a adaptación da industria da automoción ás novas necesidades de mobilidade sustentable

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou en Leipzig (Alemaña) na primeira reunión política organizada pola Alianza de Rexións con Industrias da Automoción (ARA, polas súas siglas en inglés), onde afondou na situación actual da industria automobilística e na súa adaptación ao novo escenario
 

16/11/22 | 17:47 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén a súa esixencia de que se flexibilicen os requisitos para o cobro das axudas da PAC mentres perdure a inflación e a crise económica

José González sinalou que é necesario aliviar e facilitar a actividade do noso sector primario, sobre todo en momentos conxunturais como o actual