Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática Deporte:

09/11/22 | 19:46 | C. de Sanidade

A Xunta inviste máis de 80 millóns de euros no que vai de lexislatura para ampliar as instalacións e mellorar o equipamento do Hospital de Ourense

O conselleiro de Sanidade informou no Parlamento do inicio, este mes, das obras da nova Unidade de Medicina Nuclear e, antes de final de ano, das da nova Unidade de Críticos de Ourense

09/11/22 | 19:07 | C. de Economía e Industria

Galicia é xa unha referencia en tecnoloxía para os vehículos non tripulados, con 70 compañías que se dedican ao sector aeronáutico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala no Parlamento que os orzamentos para 2023 dedican 27 millóns de euros a seguir consolidando o Polo Aeroespacial de Galicia

09/11/22 | 17:31 | C. de Sanidade

A Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do HULA recibe a certificación de calidade

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, presidiu esta mañá a entrega da certificación que pón en valor a calidade asistencial desta unidade do Hospital Lucus Agusti

09/11/22 | 15:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta pola investigación galega para que se consolide como referente na elite do coñecemento

Resalta os acordos asinados coas tres universidades galegas para desenvolver accións de I+D+i por valor de 17,4 M€ para este 2022

09/11/22 | 15:09 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 40 expertos de primeiro nivel debaten dende hoxe en Santiago sobre ciberseguridade

O Encontro de Ciberseguridade de Galicia, que foi inaugurado en Santiago, dedica a súa primeira xornada á seguridade nas administracións públicas e nas empresas

09/11/22 | 13:51 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por 5,8 M€ sete novas salas de hemodinámica para os hospitais do Sergas

O conselleiro de Sanidade visitou o hospital de Montecelo, no que se instalará un equipo valorado en 800.000 euros que ampliará servizos ao permitir contar por primeira vez cunha sala exclusiva de hemodinámica

09/11/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Verín o potencial da actividade económica no rural como oportunidade de negocio para os emprendedores

O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, participa no II Foro Think Tank, onde pon en valor as oportunidades e alternativas para innovar e competir no rural e impulsar “unha industria máis innovadora, forte e adaptada ás demandas actuais”

08/11/22 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo na celebración do seu centenario

José Luis Cabarcos destacou que as instalacións ofrecen un ciclo medio de Formación Profesional de Aproveitamento e conservación do medio natural na modalidade dual, que inclúe prácticas remuneradas en empresas desde o primeiro momento

08/11/22 | 12:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Valencia as posibilidades dos fondos europeos para potenciar a competitividade do tecido produtivo galego en clave dixital e verde

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha charla coloquio celebrada no marco do V Congreso de Industria Conectada, onde se falou do futuro da industria e da xestión dos fondos europeos polas administracións territoriais

07/11/22 | 17:30 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde realiza anualmente máis de 3 millóns de probas de imaxe diagnóstica

Os servizos de Radioloxía do Sergas levan a cabo, anualmente, máis 1,7 millóns de radiografías, mais de 440.000 ecografías; 292.000 TACs, 722.000 mamografías, 90.000 resonancias magnéticas, e un total de 30.000 intervencións de tipo vascular