Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 108 novas da área temática Cooperación:

13/08/21 | 10:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina un convenio con Unicef para apoiar a vacinación contra o coronavirus, a polio e o sarampelo da poboación dos departamentos de Paz, Cochabamba e Pando, en Bolivia

O Goberno galego destina 100.000 euros á posta en marcha dunha campaña que inclúe a distribución das vacinas garantindo a cadea de frío e accións de sensibilización entre a poboación

12/08/21 | 09:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia cinco proxectos de investigación sobre cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030

Contan cunha dotación orzamentaria de 150.000 euros e un período de execución de dous anos, a desenvolver polas universidades galegas en solitario ou en colaboración con outros grupos de investigación

10/08/21 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa un 17% a súa aportación aos colectivos veciñais da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que esta actuación contou cunha achega de 17.000 euros da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

05/08/21 | 14:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e as entidades xestoras do programa de protección internacional en Galicia manteñen unha xuntanza para analizar a situación actual dos seus beneficiarios

Esta reunión enmárcase nos encontros que periodicamente se veñen realizando entre a dirección xeral de Inclusión Social e as entidades que xestionan o programa en Galicia

22/07/21 | 18:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia pecha a presidencia da comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal co obxectivo cumprido de consolidar a Eurorrexión e desenvolver os seus recursos

A Eurorrexión captou da Unión Europea 163 millóns de euros para a posta en marcha de 85 proxectos, sendo a área máis beneficiada da fronteira hispano-lusa

21/07/21 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta resolve por preto de 500.000 euros as axudas para a realización de proxectos de cooperación entre os grupos de desenvolvemento rural de Galicia

A resolución destas achegas ao abeiro da medida Leader vén de asinarse por parte da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural

28/06/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 5M€ a axudas de cooperación para o desenvolvemento para ONGD e outros axentes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria plurianual 2021-2022, na que o Goberno galego incrementa o seu orzamento nun 6% respecto á orde anterior

24/06/21 | 10:32 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.305 casos activos por coronavirus

Un total de 125.102 pacientes xa están curados

15/06/21 | 09:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio de emerxencias con UNICEF para a posta en marcha dunha intervención para os nenos e nenas de Siria

UNICEF traballa para promover os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns de nenos e nenas en calquera situación de emerxencia e crises humanitarias, con presenza en 190 países

02/06/21 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou 100.000 euros a un programa de alimentación e hixiene para familias venezolanas en colaboración con Unicef

Entregáronse 2.105 bolsas de comida non perecedoira que chegaron a 634 familias, así como material de hixiene para a prevención da covid-19