Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

11/04/22 | 12:56

A Xunta comezará en maio a restauración ecolóxica da duna de Morouzos e da senda litoral de Luama en Ortigueira, cun investimento de máis de 280.000 €

Anuncia que esta actuación será complementaria á que se executará no río Mera para eliminar en ambas marxes especies exóticas invasoras

08/04/22 | 12:37

A Xunta ofrece 600 prazas para coñecer Cíes e Ons esta Semana Santa a través de 40 rutas guiadas e gratuítas

As persoas interesadas poderán anotarse en liña na central de reservas do Parque Nacional ou ben o mesmo día da súa visita nas casetas de información das illas

07/04/22 | 16:45

Galicia rexeita a proposta do Goberno central de repartir os fondos das axudas polo lobo sen ponderar o peso que ten esta especie en cada territorio

Belén do Campo adianta que o Goberno galego reclamará un reparto en función das mandas existentes en cada rexión e dos datos reais dos danos á gandaría

07/04/22 | 13:07

A Xunta destinará case 450.000 € á restauración ecolóxica da lagoa de Cospeito, que comezará en maio

Trátase dunha das principais actuacións que se financiarán con fondos europeos en Galicia en materia de biodiversidade e está enmarcada dentro do proxecto Mil Ríos

06/04/22 | 12:27

Cada galego reciclou en 2021 case 30 kg de envases lixeiros e papel-cartón, 6,4 kg máis que hai cinco anos

O ano pasado recuperáronse máis de 73.000 toneladas de envases de plástico, latas e briks e de papel e cartón de orixe doméstica no conxunto da Comunidade

05/04/22 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta favorece a mellora da protección do espazo dunar da praia de Area de Secada, na Illa de Arousa, co Fondo de Compensación Ambiental

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Carlos Iglesias, supervisou esta actuación, centrada no valado e regulación de accesos en madeira desta contorna, para axilizar a súa rexeneración e crecemento cunha achega de 30.000€ desta orde da Xunta

04/04/22 | 14:25

A Xunta alega contra a intención do Goberno central de obrigar por lei a esterilizar aos cans de caza

Belén do Campo aproveitou a reunión cos principais axentes implicados no sector para trasladarlles as achegas realizadas por Galicia ao anteproxecto de Lei estatal de protección, dereitos e benestar dos animais en relación á actividade cinexética

03/04/22 | 12:28

A Xunta empraza ao Goberno central a clarificar o seu criterio á hora de autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral

Encarnación Rivas lamenta a “incomprensible diferenciación” que fai o Estado ao permitir reconverter antigos faros en hoteis mentres nega esta opción ás edificacións situadas en servidume de protección, polo que insta a aplicar “a mesma vara de medir” en toda a costa

01/04/22 | 15:29

A Xunta finaliza a segunda fase do proxecto europeo ‘BioGov’ para a protección da biodiversidade, no que escolleu Os Ancares como zona piloto

Galicia é unha das oito rexións europeas que participa desde 2018 nesta iniciativa colaborativa co fin de mellorar a conservación dos valores naturais e paisaxísticos

01/04/22 | 11:08

A Xunta licita por máis de 70.000 euros a eliminación da especie invasora ‘Fallopia japonica’ nas Gándaras de Budiño no concello do Porriño

Esta planta, orixinaria do Xapón e da China, introduciuse como un uso ornamental e está a afectar os bosques aluviais de ameneiros e freixos