Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 252 novas da área temática Comercio:

21/10/22 | 21:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén pon en valor o papel das asociacións de comerciantes no impulso dos negocios locais

A campaña desenvólvese en máis de 40 localidades de toda Galicia e en 11 da provincia de Ourense; O Barco, Allariz, Xinzo de Limia, Verín, Ourense cidade, Ribadavia, Celanova, O Carballiño, Castro Caldelas, Maceda e Barbadás

20/10/22 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor visitou a libraría Brañas para informar sobre a apertura de prazos desta nova edición do Bono Cultura

O representante do Goberno galego destacou que a VAP Baio-Berdoias, a mellora do saneamento e a sanidade absorben as partidas máis importantes

19/10/22 | 17:19 | C. de Economía e Industria

Máis de 3.000 comerciantes galegos sumáronse xa ao Bono Activa Comercio, que os clientes poderán descargar a partir do luns

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, presentou esta iniciativa en Monforte de Lemos, onde xa se adheriron máis de 30 establecementos en tan só seis días

19/10/22 | 13:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinará 24M€ nos orzamentos de 2023 a seguir impulsando a competitividade do comercio de proximidade galego

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reitera no Parlamento o compromiso da Administración autonómica co sector

16/10/22 | 10:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá luns o prazo de presentación de candidaturas para os Premios Artesanía de Galicia

O Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, está destinado a unha obra ou colección realizada por un obradoiro artesanal
 

14/10/22 | 21:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca no Barco o papel das asociacións de comerciantes no impulso aos negocios locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes do Barco

12/10/22 | 11:18 | C. de Economía e Industria

Os comerciantes galegos poden adherirse a partir de mañá, 13 de outubro, ao programa do Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia destina 5 millóns de euros a esta iniciativa, que estará dispoñible para os clientes desde o 24 de outubro

07/10/22 | 11:15 | C. de Economía e Industria

Os consumidores galegos poderán descargar o Bono Activa Comercio a partir do 24 de outubro e estará operativo ata o 31 de decembro

Ofrécense 30 euros de desconto nas tendas que participen para cumprir co obxectivo de chegar a máis de 160.000 persoas

06/10/22 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca no Grove o papel do asociacionismo no impulso aos mercados e prazas de abastos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe na localidade pontevedresa o mercado municipal, cuxa asociación de profesionais colabora cada ano coa Administración autonómica na posta en marcha de diferentes actuacións e campañas