Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta súmase ao proxecto EcoBallution para estender a toda Galicia o uso de material deportivo feito con redes de pesca
Trátase dunha idea baseada na economía circular e impulsada polo xogador galego de baloncesto Carlos Martínez que permite fabricar canastras de calidade a partir de aparellos pesqueiros recuperados pola Asociación de Redeiras Illa da Estrela
A Xunta entrega á UVigo o edificio Redeiras, cuxa rehabilitación exemplifica o compromiso coa cidade, coa universidade e co Casco Vello
“Seguimos construíndo cidade”, di, lembrando que o Executivo galego conta con 82 inmobles no Casco Vello adquiridos para a súa recuperación
A planta provisional habilitada por Sogama para tratar residuos sanitarios deixa de operar ante a mellora da evolución da pandemia
Grazas a esta instalación, posta en marcha en tempo récord e activa nos momentos álxidos das tres ondas da covid, tratáronse 285.280 kg de material desbotable de baixo risco como buzos, luvas, máscaras e similares
A Xunta colaborou co Ceida na organización de 700 actividades ambientais coas que se chegou a 33.000 galegos no pasado ano
Ángeles Vázquez lembra que esta entidade vén de ser recoñecida co distintivo de Centro Azul, co que se pon en valor o traballo realizado ao longo destes anos
Medio Ambiente abre a rolda de contactos cos comuneiros do Xurés para implicalos na redacción do Plan de xestión do parque
Durante as xuntanzas, ás que se convocou por separado aos representantes de cada entidade, abordouse a zonificación inicial incluída no borrador do documento e analizáronse os obxectivos e contido do futuro instrumento
Cada galego depositou en 2020 case dous quilos máis de residuos nos contedores amarelo e azul
Ángeles Vázquez salienta o esforzo realizado polos galegos, que malia o contexto social marcado pola pandemia foron capaces de reciclar unha media de 14,6 kg de envases lixeiros e 15 kg de papel-cartón
A Xunta convocará a comezos de xuño a comisión de coordinación da Estratexia de Cambio Climático para facer balance e fixar os pasos a dar para seguir converxendo con Europa
Será a primeira vez que se reúna este organismo interdepartamental desde a aprobación da folla de ruta galega para acadar a neutralidade climática no ano 2050
O Consello da Xunta aproba o PRUX do Parque Natural de Corrubedo que regulará os usos e conservación deste espazo cun investimento de 6,5 M€ na vindeira década
Será o quinto destes instrumentos de xestión que se adopta nos últimos anos, despois dos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e os dos parques naturais da Serra da Enciña da Lastra, do Invernadeiro e de Monte Aloia