Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

07/09/21 | 12:12 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa en Santiago un curso de formación complementaria á iniciación da análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida

Programada pola Agacal, a acción ten previsto desenvolverse en horario de tarde os días 13 e 15 de setembro, no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Compostela de Lamas de Abade

06/09/21 | 13:24 | C. do Medio Rural

O grupo de traballo galego da PAC constata o avance na negociación grazas ao impulso da Xunta e reitera a demanda de atención para o norte nos ecoesquemas

Entre os logros acadados por Galicia salienta o compromiso do MAPA de regularizar a superficie da nosa comunidade con dereitos de axuda da Política Agraria Común ou o incremento das achegas asociadas ao vacún de leite

06/09/21 | 12:03 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dende este venres no CFEA de Guísamo un curso sobre talla, tronzado e decotado de árbores e sobre mantemento de motoserra

Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a iniciativa está previsto que se desenvolva ata o sábado 18 de setembro

05/09/21 | 13:48 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na Estratexia da carne para impulsar este sector primordial do noso agro mediante o fomento da produción e do consumo

José González destacou que esta nova Estratexia virá seguir os pasos das que xa están en marcha para o sector lácteo e o do viño

05/09/21 | 11:49 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza o vindeiro sábado na Estrada dous cursos sobre as propiedades do aceite de oliva virxe extra e sobre as estratexias de venda deste produto

Programadas polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal, as iniciativa está previsto que se celebren no Novo Mercado desta localidade pontevedresa deica o domingo 19 de setembro

05/09/21 | 11:44 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana vindeira no CFEA Pedro Murias de Ribadeo un curso sobre a importancia dos polinizadores nos cultivos

Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a iniciativa está prevista o xoves 9 de setembro, en horario de mañá

04/09/21 | 18:08 | C. do Medio Rural

A Xunta exalta a calidade dos produtos agroalimentarios galegos con presenza na 24ª edición de Salimat que se celebra ata mañá en Silleda

Son unha trintena de empresas pertencentes a diferentes sectores produtivos -a maioría acollidas a selos de calidade- as que participan este ano no evento baixo o paraugas de promoción do Goberno galego

04/09/21 | 11:37 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará en Monforte un obradoiro sobre o fenómeno de deriva na aplicación de produtos fitosanitarios

A acción formativa terá lugar no CFEA de Monforte o vindeiro martes, en horario de 10:00 a 14:00 horas

04/09/21 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Xunta abordará o uso das plantas medicinais nun curso que se celebrará o vindeiro mércores no CFEA de Guísamo

Esta acción formativa, organizada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, terá lugar o vindeiro mércores 8 de setembro en horario de mañá, de 9:00 a 13:00 horas

03/09/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia reactiva a actividade no recinto feiral de Silleda trala covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron hoxe na inauguración da feira, que acolle a súa 43ª edición tras adiarse o ano pasado debido ás restricións sanitarias pola covid-19