Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

30/07/21 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta ante os profesionais do deseño o novo Programa Diferenza para impulsar a súa colaboración coas empresas galegas

Argerey resalta a aposta da Xunta para impulsar a transformación social e económica a través da capacidade dos procesos creativos e do deseño como axentes de cambio

29/07/21 | 19:27 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese aos empresarios galegos no exterior como “embaixadores privilexiados” do que é a Comunidade e anímaos a seguir traballando para manter a marca Galicia

Resalta que a Comunidade está a recuperar o ritmo exportador previo á pandemia, exportando 590 millóns de euros máis que hai dous anos

29/07/21 | 16:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica a importancia da creación de sinerxias entre o tecido produtivo, o plano social e a administración para seguir consolidando a marca Galicia

Conde destaca a capacidade do tecido produtivo galego para exportar preto de 590M€ máis nos cinco primeiros meses do ano que no mesmo período de 2019, é dicir, antes da pandemia

28/07/21 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Consorcio Aeronáutico Galego suman esforzos para captar investimentos e completar as cadeas de valor deste sector en Galicia

Conde explica que se trata dunha das 30 actuacións que recolle a Estratexia do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2025, xunto coa licitación para a selección de socios estratéxicos e tecnolóxicos que foi presentada esta mesma semana

27/07/21 | 19:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta compromete todo o seu apoio para que a industria galega poida participar no PERTE de automoción

Conde pide que se dean a coñecer canto antes os criterios da convocatoria para que o sector galego da automoción teña a oportunidade de prepararse e competir en igualdade de condicións co resto de comunidades autónomas

26/07/21 | 17:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca ao Team Farto como un dos mellores equipos femininos de Galicia que xa se atopa entre a elite mundial

O equipo ciclista UCI continental feminino converterase no primeiro equipo galego en disputar o Ceratizit Challenge by La Vuelta -equivalente á Vuelta a España feminina que se celebra desde o ano 2015- e que nesta edición disputarase integramente en Galicia

23/07/21 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a internacionalización do sector agroalimentario ourensán e pon Bodegas Sampayolo como exemplo

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións desta adega na comarca de Valdeorras beneficiaria do programa Galicia Exporta Dixital

23/07/21 | 13:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a internacionalización do sector agroalimentario ourensán e pon Bodegas Sampayolo como exemplo

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe as instalacións desta adega na comarca de Valdeorras beneficiaria do programa Galicia Exporta Dixital

23/07/21 | 12:52

A Xunta remata a tramitación ambiental que permite a ampliación en 250.000 m² dos parques empresarias de Palas de Rei e O Corgo

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático dá luz verde aos proxectos de interese autonómico cos que se aumenta a superficie destes polígonos industriais da provincia de Lugo