Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez felicita á comunidade educativa polo exemplo de acollida e integración dos máis de 500 nenos ucraínos escolarizados en Galicia
Lembra que, desde o primeiro momento, o Goberno da Xunta artellou un sistema de escolarización inmediata destes rapaces, aos que se lles outorgou servizos de transporte e comedor, material escolar e tecnolóxico gratuíto
Román Rodríguez agradece aos libreiros o seu labor por promover os hábitos lectores entre os galegos
Salienta que Galicia é a comunidade con máis librarías por habitante e refírese á capacidade do circuíto de feiras do libro como escaparate do sector editorial
A Xunta aborda os contidos dixitais e novos media en Galicia a través da visión de cinco empresas do sector
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o do congreso Mundos Digitales, Manuel Meijide, abriron unha xornada de posta en común no marco do programa formativo Galicia ProFilme
A Xunta espallará os Concertos do Xacobeo por toda Galicia con 300 artistas de primeiro nivel para celebrar un Ano Santo extraordinario
A Xunta achega 210.000 euros en axudas para a organización de 11 festivais audiovisuais
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, anunciou a adxudicación desta convocatoria na presentación do XVIII Play-Doc de Tui, que é un dos certames beneficiarios, con máis de 38.000 euros
Xesús Fraga, María Canosa, Alba Cid e Laura Romero levan a literatura e a ilustración galega á Feira do libro de Bos Aires
A Xunta organiza distintas accións que, ademais de promover as letras no exterior, as divulgan entre os lectores máis novos en centros educativos
O Centro Dramático Galego inicia en Cee a xira do espectáculo ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais´
O director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez, participa na presentación da montaxe, que estará no Auditorio Baldomero Cores do 5 ao 8 de maio con todas as funcións inclusivas
As VI Xornadas de Industrias Musicais organizadas pola Fundación Paideia e a xunta analizan en Ourense a importancia da imaxe na música
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, destacou o carácter itinerante do ciclo A volta IN-perfecta, que celebrou a súa segunda sesión no ourensán El Pueblo Café Cultural
A Xunta abre a convocatoria para coproducir tres espectáculos de danza co seu Centro Coreográfico
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 54.000 euros á nova edición desta iniciativa, inserida no programa de apoio ao sector que mañá conmemora o seu Día Internacional