Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fabiola García sinalou que a sociedade galega volve brillar pola súa solidariedade na decimoquinta Gala da Fundación Andrea
Destacou que durante o último ano o labor desta entidade continuou e permitiu atender a 400 familias, o que supón unha cifra récord
A Xunta financiará a posta en marcha de actividades no centro de día e de prevención integral á dependencia do Pereiro de Aguiar
O Goberno galego buscará a fórmula para colaborar con este servizo impulsado e construído polo Concello
Política Social repasa coa Fundación Emaús Vigo as actividades realizadas pola entidade ao longo do 2021
A Xunta achegou no último ano 123.000 euros á institución a través da orde de axudas a entidades e da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF
A Xunta comproba o avance das obras do novo centro polivalente de Rodeiro
O Goberno galego financia a totalidade da actual fase dos traballos cun investimento de 200.000 euros
Política Social reúnese coa Asociación Alborada para analizar o funcionamento do seu centro de día e do programa de intervención con adolescentes
A Xunta achega cada ano 500.000 euros a esta entidade para a posta en marcha destes servizos
A gratuidade das escolas infantís beneficiará a máis de 3500 nenas e nenos de Lugo dende o vindeiro curso
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explica que a medida suporá un investimento de máis de 3,1 millóns de euros na provincia
Política Social promove programas de envellecemento activo no concello de Catoira
Organizaranse actividades para a estimulación cognitiva e física dos participantes, así como obradoiros de formación, artísticos, lúdicos e de animación
A Xunta financia con preto de 500.000 euros programas de inclusión social nos concellos da área territorial de Vigo
Con esta achega, as administracións locais poderán levar a cabo programas que permitan a adquisición de formación básica ou laboral, a realización de actuacións de mediación intercultural ou programas de educación e apoio familiar
Política Social colabora con FAXPG en favorecer a integración e a autonomía da comunidade xorda
Achega preto de 50.000 euros á entidade para desenvolver un programa de atención personalizada
Política Social crea unha guía que permite detectar e valorar a través de criterios obxectivos posibles situacións de desprotección a menores
Valora-Galicia está dirixido aos traballadores de servizos sociais da Xunta de Galicia especializados neste eido, aos que dota dunha ferramenta para avaliar a gravidade destas situacións e as solucións máis axeitadas