Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/09/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

Mañá comezará en Ortigueira un curso para a obtención do carné básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios

A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirase no centro de San Roque entre o luns 13 e o martes 21 de setembro

11/09/21 | 12:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Bande avalían a implantación dunha aldea modelo na parroquia de Nogueiroá ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria

No encontro confirmouse que se celebrará unha reunión con veciños da zona para informalos sobre as vantaxes que suporía a aplicación desta figura de mobilización

10/09/21 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por SARS-CoV-2 nunha granxa de visóns de Curtis

A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España

10/09/21 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará os produtos de calidade do agro galego no marco do Festival de La Luz

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, programou para este evento diferentes actividades lúdicas, orientadas ás familias, para difundir a riqueza e a variedade destas producións

09/09/21 | 16:32 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra esta fin de semana dúas xornadas en Boqueixón e Barbadás no marco dun proxecto de innovación coa agrupación apícola de Galicia

A primeira terá lugar no CFEA de Sergude o sábado 11 e a outra nas instalacións da Agrupación Apícola de Galicia, o domingo 12

09/09/21 | 13:40 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a semana que vén no CFEA de Becerreá un curso sobre reprodución no gando vacún

Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a iniciativa está previsto que se desenvolva entre o luns 13 e o venres 17 de setembro

Ao longo de 20 horas de formación, abordarase a reprodución do gando vacún con nocións sobre xenética e inseminación artificial, para culminar cunha visita a Xenética Fontao en Lugo

09/09/21 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá na estrada unha formación sobre maduración, recolección, manipulación e mecanización da mazá de sidra en ecolóxico

Organizada pola Oficina Agraria Comarcal da localidade, esta iniciativa está programada para desenvolverse no Novo Mercado entre o luns 13 e o venres 17

08/09/21 | 22:29 | C. do Medio Rural
08/09/21 | 16:38 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá a semana que vén formación sobre o novo regulamento da produción de vacún de leite ecolóxico en Vimianzo e Curtis

As iniciativas están programadas polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal

08/09/21 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo os avances para a mellora da produción láctea conseguidos ao abeiro dun proxecto galego liderado polo CIAM

En concreto, trabállase na eficiencia para a produción de forraxe, na mellora do uso dos recursos das explotacións, na monitorización e no manexo das operacións e condicións nas cortes e na toma de decisións integrando múltiples fontes de datos