Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

15/08/21 | 09:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia convoca un novo programa de axudas para incentivar as vendas no comercio a través de campañas de dinamización

O Goberno galego acaba de poñer en marcha a convocatoria do ticket de dinamización comercial que estará aberta ata o próximo 10 de setembro

Os apoios permitirán atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos aos consumidores

09/08/21 | 12:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta publica hoxe a licitación para seleccionar entre catro e oito socios estratéxicos e tecnolóxicos para o polo aeroespacial de Galicia

O prazo para a presentación de solicitudes de participación na fase previa do procedemento permanecerá aberto o 10 de setembro

07/08/21 | 11:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a divulgación do oficio tradicional da olería na XXVII mostra de Alfaroleiros

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe esta mostra de olería, que conta co apoio da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e que estará aberta ao público ata mañá domingo

06/08/21 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta declara de interese autonómico o proxecto de ampliación das instalacións de Aguas do Paraño

Esta consideración vénlle dada pola relevancia do sector da auga mineral e porque o proxecto contribúe ao desenvolvemento económico e social de Galicia cun impacto especial no medio rural, no concello de Boborás (Ourense)

05/08/21 | 14:47 | C. de Economía e Industria

O Bono Activa Comercio da Xunta leva mobilizado 1,9 millóns de euros en vendas na provincia de Lugo e son máis de 23.500 persoas as que xa o descargaron

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión cos empresarios do concello para dar conta das axudas que ten abertas o Goberno galego para apoiar ao sector

05/08/21 | 13:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a competitividade do tecido empresarial de Cervo e a captación de novos investimentos con axudas de 240.000 euros para a mellora do polígono de Cuiña

Os apoios autonómicos permitirán a construción de beirarrúas na marxe dereita da vía de acceso principal ao parque empresarial, así como a instalación dunha cuberta para tarefas de clasificación e separación de residuos

03/08/21 | 11:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 2M€ as asociacións de comerciantes e vendedores para impulsar a competitividade do sector

A convocatoria está destinada a centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións

02/08/21 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede axudas por máis de 183.000 euros ao concello de Boiro para apoiar a mellora e a modernización do parque empresarial de Espiñeira

O Goberno galego destina este ano 4,12M€ para impulsar proxectos de acondicionamento de infraestruturas en 51 municipios, pertencendo 21 actuacións á provincia da Coruña

30/07/21 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta seguirá traballando coa empresa e o comité de Barreras para formar parte da solución que garanta a viabilidade do estaleiro

Conde insistiu na necesidade de actuar de forma conxunta para que Barreras teña futuro industrial e se manteñan os empregos