Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aproba a Estratexia de internacionalización de Galicia para o período 21-25, que facilitará a saída ao exterior do tecido empresarial grazas á dixitalización e diversificación
Feijóo precisa que o obxectivo marcado para 2025 é que se acaden as 8.000 empresas exportadoras e chegar aos 25.000 M€ anuais en exportacións
Preto de 8.200 persoas do concello de Ourense xa descargaron o Bono Activa comercio da Xunta de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, reuniuse esta mañá con representantes do sector na cidade ourensá para avaliar as iniciativas postas en marcha desde o Goberno galego
A Xunta destaca o efecto tractor de Cupa Group na transformación dixital do sector da lousa e a pedra natural en Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións da compañía en Sobradelo de Valdeorras, onde destacou a importancia de levar a cabo a reactivación económica desde a colaboración público-privada e a transferencia de coñecemento ao mercado
A Xunta e DATAlife asinan un convenio de colaboración para afianzar a transformación dixital das pemes galegas
O Goberno galego destina máis de 290.000 euros á consolidación deste Hub como instrumento para lograr que a innovación dixital chegue ao tecido empresarial galego
A Consellería de Emprego e Igualdade impulsará a economía social e o cooperativismo no 24º Salón da Alimentación do Atlántico, Salimat 2021
A Consellería de Emprego e Igualdade participará un ano máis nesta cita co fin de contribuír á promoción das empresas de economía social e das cooperativas galegas
A Xunta comeza a notificar aos 415 beneficiarios as axudas directas aos locais de ocio nocturno que acadan os 4 M€
Os propietarios destes establecementos poderán percibir axudas ata un máximo de 35.000 euros segundo a superficie do local, de acordo cos criterios fixados cos representantes do sector e recollidos na Orde de convocatoria de 14 de xuño, pola que se establecían as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno de Galicia
A Xunta amplía ata 2,1M€ as axudas do Bono eléctrico galego para garantir a subministración nos fogares con máis dificultades
Trátase do segundo aumento de crédito que destina a Xunta á convocatoria deste ano, fiel ao seu compromiso coas familias máis desfavorecidas que non contan coa posibilidade de facer fronte ás súas facturas eléctricas
Mañá remata o prazo para solicitar as axudas da Xunta para levar a cabo actuacións de comercialización física no sector artesán galego
Os obradoiros, concellos e asociacións profesionais e empresariais interesadas teñen ata mañá luns, 23 de agosto, para solicitar este apoios, que poderán acadar o 80% do investimento
A Xunta executa as obras de rehabilitación e posta en valor da Ponte Nafonso na estrada autonómica AC-196, entre os municipios de Noia e de Outes
A actuación integral de mellora da seguridade viaria e de conservación desta ponte, catalogada como ben patrimonial, suporá un investimento de máis de 700.000 euros
Os bonos Consolida e Transforma Economía Social poden solicitarse desde mañá e ata o próximo 30 de setembro con axudas de ata 50.000€
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os dous programas nos que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste preto de 5,4 millóns de euros