Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

02/05/20 | 12:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral continúa a elaboración do seu Plan de continxencias con todas as federacións e traballa nun protocolo de apertura para o CGTD

Tras o pago a 16 novas federacións, a contía saldada xa sobe ata o 81,12% do total dos convenios, recibindo os seus pagos un total de 54 das 58 federacións e grazas a tramitación de xeito anticipado polo Consello da Xunta no pasado mes de decembro 

29/04/20 | 20:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta e as federacións avanzan no plan de continxencias para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia

No día de hoxe, o persoal da Secretaría Xeral para o Deporte porase en contacto coas distintas federacións para poder establecer un protocolo concreto de desescalada e axustado a cada especialidade deportiva

25/04/20 | 12:13 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta traballa nun plan de continxencias elaborado con expertos para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia

Recórdase a todas as federacións que a actividade 6/16 escolar e federativa non será retomada ata o vindeiro mes de setembro se así o permiten as circunstancias

18/04/20 | 21:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca os valores do deporte como o “sacrificio e a resiliencia para axudarnos neste tempo de confinamento” na arrancada virtual do motoclub VFM

Valora esta iniciativa que permite que os deportistas se unan aos aplausos das 20,00 horas, “un síntoma de unión en tiempos de pandemia e unha forma de recoñecer o traballo de tanta xente de traballos esenciais que nos están permitindo levas a nosa vida un pouco mellor”

17/04/20 | 17:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia recorda ás federacións deportivas que "a actividade non poderá reiniciarse ata que existan garantías absolutas de seguridade e hixiene"

Barállase a posibilidade de que a actividade 6-16 poida ser retomada cara ao último trimestre do ano, en función da evolución da situación

16/04/20 | 12:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

126 deportistas galegos e galegas de alto nivel benefícianse da prórroga de seis meses do recoñecemento DGAN

Esta prórroga será efectiva para os expedientes nos que se produza a perda da súa vixencia durante o ano 2020 e mantén a consideración de alto nivel así como os beneficios que para tal consideración se atribúan

15/04/20 | 13:24 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta ofrece o espazo Adestra #NaCasa no que as federacións deportivas de Galicia amosan o seu traballo cos deportistas no período de confinamento

Para o secretario xeral para o Deporte, Adestra #NaCasa é unha mostra do traballo continuado e a creatividade dos responsables do tecido deportivo de Galicia porque “ante a situación que estamos a vivir, o deporte galego non se para, aínda que quedemos na casa”

06/04/20 | 15:30 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Secretaría Xeral para o Deporte insiste na importancia da toma de decisións conxuntas tras unha nova reunión coas doce federacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

A Xunta e as federacións deportivas traballan na procura dunha decisión conxunta sobre a resolución das competicións que favoreza a todo o tecido deportivo galego e que teña en conta as particularidades de cada modalidade ou especialidade

04/04/20 | 14:41 | Secretaría Xeral para o Deporte

A fórmula galega das 'Píldoras Solidarias' para combater o confinamento incorpora a novos profesionais e estende o seu efecto a unha vintena de países

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asegura que “estes datos falan dunha magnífica resposta do deporte a unha situación excepcional como é a do confinamento”